A actual Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral gaña por 60 votos as eleccións celebradas este domingo, con acusacións por parte da oposición de "manipulacións do censo". A vitoria de Luís Rodríguez, sinala Faro de Vigo, mantén vivo o proxecto de Porto Cabral.
Fálase
Este luns a partir das 18.30 horas as PAH convocan cazoladas fronte ás sedes do PP en toda España para protestar contra a intención do Goberno en funcións de levar ao Tribunal Constitucional a Lei 24/2015 contra a emerxencia habitacional e a pobreza enerxética aprobada o pasado ano por unanimidade polo Parlamento catalán. En Galicia a única convocatoria confirmada é a de Pontevedra.
A gala dos III Premios Martín Códax da Música xa conta con vídeo promocional, a cargo da compañía de teatro a Panadaría, que tamén dirixirá a cerimonia, que se celebrará en Pontevedra o vindeiro 28 de abril
O Congreso brasileiro aproba, tras un debate de seis horas, iniciar o proceso de destitución de Dilma Rousseff por 367 votos a favor e 137 en contra. Agora deberá pronunciarse o Senado.
Remata a xornada na Terceira galega. O Boiro encabeza a clasificación
Silva 1 0 Bergantiños
Galicia Mugardos 1 2 Cerceda
Verín 0 2 Noia
Barbadás 1 3 Ribadumia
Choco 0 0 Barco
Negreira 2 3 Deportivo B
Ordes 0 1 Racing Vilalbés
As Pontes 1 2 Alondras
Boiro 3 0 Ribadeo
Arousa 4 2 Rápido de BouzasA cifra oficial de mortes provocadas polo terremoto de Ecuador ascende a 233. O presidente Rafael Correa afirma que a vila de Pedernales está "destruída"
O Congreso brasileiro decide este domingo sobre a destitución de Dilma Rousseff, unha votación que -en teoría- se presenta moi igualada. Se dous terzos da cámara apoian o impeachment, o proceso continuaría ata o Senado.
Compromiso por Galicia celebra este domingo a súa Convención Nacional, na que se decidirá a fórmula con la que a formación concorrerá ás eleccións autonómicas. Nas intervencións desta mañá Xosé Manuel Pérez Bouza defendeu que CxG participe nunha "confluencia ampla"; mentres que Xoán Bascuas avogou por presentarse en solitario, rexeitando que Compromiso sexa "apéndice" doutra forza. Os resultados coñeceranse a partir das 18 horas.
Dimite o coordinador de Ciudadanos na Rioxa pola súa vinculación con dúas empresas offshore en Panamá
Arquivada a imputación que pesaba sobre Manuel Martínez, que provocou a crise na Deputación de Lugo, despois de que o BNG o vetase como candidato á Presidencia do ente provincial e de que Martínez se rebelase contra o PSdeG-PSOE, negándose a votar o candidato proposto, entregándolle o Goberno -de forma provisional- á popular Elena Candia