Dimite o coordinador de Ciudadanos na Rioxa pola súa vinculación con dúas empresas offshore en Panamá
Fálase
Arquivada a imputación que pesaba sobre Manuel Martínez, que provocou a crise na Deputación de Lugo, despois de que o BNG o vetase como candidato á Presidencia do ente provincial e de que Martínez se rebelase contra o PSdeG-PSOE, negándose a votar o candidato proposto, entregándolle o Goberno -de forma provisional- á popular Elena Candia
Un terremoto de 7,8 graos en Manabí, na zona costeira de Ecuador, provoca cando menos 77 mortos e un milleiro de feridos. É o terremoto máis forte rexistrado no país nos últimos 37 anos.
A Xunta pechou o 2015 con 750 millóns en facturas pendentes de aboar. Supón un 13% máis que en 2014. Case 119 millones son facturas que gardou no caixón e non incluíu nos orzamentos
149.513 persoas votaron na consulta convocada por Podemos sobre as dúas opcións que o partido pode adoptar ante a investidura. Supón o récord de participación neste tipo de procesos na formación morada, e supera tamén amplamente as 96 mil persoas que votaron na consulta convocada polo PSOE entre a súa militancia en febreiro.
Pobra de Trives acolleu este sábado a xornada “As figuras de protección medioambiental da Unión Europea en zonas de montaña”, organizada por Alternativa Galega de Esquerda en Europa. A eurodeputada Lidia Senra reclamou a necesidade de "aplicar políticas específicas para a montaña", sendo "compatible" a protección do medio ambiente e o desenvolvemento da agricultura e a gandaría.
O BNG denuncia con actos simbólicos na Coruña, Vigo, Ourense, Lugo e Santiago a "vergoñenta" política da UE cos refuxiados e pide a "anulación inmediata" do acordo con Turquía.
Abel Caballero afirma que Feijóo amosa "tics antidemocráticos moi serios" por non desvelar a data das eleccións ao Parlamento galego
O Papa Francisco anuncia que levará 12 refuxiados/as sirios da Illa de Lesbos, que visitou este sábado, para acollelos no Vaticano. En Lesbos hai 4.200 refuxiados/as, e uns 46.200 en toda Grecia.
A CUT denuncia o ERE presentado por Citroën na súa planta de Vigo por incluír "excedencias fraudulentas"