O PPE gañaría as eleccións europeas con 211 escanos, segundo as proxeccións para o Parlamento Europeo que recompilan sondaxes de toda a UE.

O PPE gañaría as eleccións europeas con 211 escanos, segundo as proxeccións para o Parlamento Europeo que recompilan sondaxes de toda a UE.
O PP Europeo sería o grupo máis votado, segundo as estimacións e enquisas a pé de urna, cun 28,10% dos apoios e 211 deputados. Os socialdemócratas terían o 25,7% dos votos (193 eurodeputados). A Alianza dos Demócratas e Liberais sería o terceiro grupo con 74 escanos e o 9,85% dos votos, por diante dos Verdes (54 eurodeputados e un 7,72%) e a Esquerda Unitaria Europea (47 deputados e 6,26%)
A participación no Estado foi do 45,58% e supera á de 2009 en seis décimas. En toda a UE situouse no 43,11%, practicamente idéntica á de hai cinco anos, segundo datos do Ministerio do Interior.
O Deportivo perde en Soria ante o Numancia (2-1) e complícase o ascenso. Un gol nos últimos minutos deulle a vitoria ao equipo local.
O PSdeG denunciará "irregularidades" e carretaxe de votos na provincia de Lugo, onde terían aparecido sobres coas papeletas do PP dentro.
Marine Le Pen demándalle a Hollande a disolución do Parlamento e a convocatoria de eleccións. Manuel Valls afirma que os resultados, que lle darían a vitoria á FN, son un "sismo" e "un momento grave" para Francia o mesmo que o centrista Bayrou, que fala dunha "descomposición da vida política francesa" ou Ségolène Royal, que os cualifica de "shock".
Alfonso Rueda cre "unha boa nova" que a participación sexa semellante á de hai cinco anos. Pilar Cancela, do PSdeG, tamén destaca que non se dese unha baixada de participación tan grande como a que se prevía.
As primeiras sondaxes a pé de urna en Portugal outórganlle a vitoria ao PS (30-34%), por diante de PSD/CDS-PP (25-29%), CDU (12-15%), Movemento do Partido da Terra (7-8%) e BE (5-7%).
O BNG ve "unha responsabilidade política evidente" do PP na baixa participación e AGE cre que os datos son "un triunfo do bipartidismo e do sistema".
As forzas de ultradereita crecen. En Dinamarca o Dansk Folkeparti é o partido máis votado, segundo as sondaxes a pé de urna, cun 23,1% dos votos, por diante dos socialdemócratas (20,5%). En Austria a FPÖ é a terceira forza cun 19,5%; gañan os conservadores da OVP (27,6%). Tamén en Finlandia o Finns Party obtería dous dos 13 escanos en xogo.