O BNG ve "unha responsabilidade política evidente" do PP na baixa participación e AGE cre que os datos son "un triunfo do bipartidismo e do sistema".
Fálase
As forzas de ultradereita crecen. En Dinamarca o Dansk Folkeparti é o partido máis votado, segundo as sondaxes a pé de urna, cun 23,1% dos votos, por diante dos socialdemócratas (20,5%). En Austria a FPÖ é a terceira forza cun 19,5%; gañan os conservadores da OVP (27,6%). Tamén en Finlandia o Finns Party obtería dous dos 13 escanos en xogo.
A CDU-CSU de Angela Merkel gaña en Alemaña segundo as primeiras sondaxes (35,7% dos votos, cun descenso do 2%). O SPD crece seis puntos até o 27,2%. Verdes e Die Linke repiten os resultados de 2009, con 10,7% e 7,5% e os euroescépticos da AfD irrompen cun 6,8%. Os liberais da FPD caen oito puntos, até o 3%. Os neonazis do NPD poderían entrar na cámara cun 1% dos votos, o mesmo que outros pequenos partidos, coma o Partido Pirata ou o Partido do Benestar Alemán.
A Fronte Nacional obtería unha clara vitoria en Francia, segundo as sondaxes a pé de urna. O partido de extrema dereita rolda o 25% dos votos, moi por diante da UMP (20,3%), PS (14,7%), UDI-MoDem (10%), Verdes (8,7%) e FdG (6,6%).
As sondaxes a pé de urna danlle a vitoria á Fronte Nacional de Le Pen en Francia. Sería a primeira forza co 25% dos votos.
Pechados xa os colexios electorais. Os resultados oficiais das eleccións europeas coñeceranse ás once da noite.
A Policía investiga a desaparición de todas as papeletas de AGE nun colexio electoral de Monforte. A mesa permanecerá aberta vinte minutos máis.
O Lugo empata ante o Hércules (1-1) cun gol de Manu de penalti ao pouco do final e case confirma a súa permanencia na Segunda División.
As enquisas a pé de urna dan a vitoria a Syriza en Grecia, onde obtería entre o 26 e o 30% dos votos.
A participación en Galicia ás 18 horas baixa máis dun punto e medio con respecto á de hai cinco anos, situándose no 33,76% fronte ao 35,31% de 2009. A nivel estatal alcanza o 33,65%, case idéntica á rexistrada en 2009 (33,79%). En Cataluña, ás seis xa votara o 35,4 % do electorado, 8,5 puntos máis que nos últimos comicios europeos.