As enquisas a pé de urna dan a vitoria a Syriza en Grecia, onde obtería entre o 26 e o 30% dos votos.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/53821235d3d36-bofqsetiuaapn24.jpg)
As enquisas a pé de urna dan a vitoria a Syriza en Grecia, onde obtería entre o 26 e o 30% dos votos.
A participación en Galicia ás 18 horas baixa máis dun punto e medio con respecto á de hai cinco anos, situándose no 33,76% fronte ao 35,31% de 2009. A nivel estatal alcanza o 33,65%, case idéntica á rexistrada en 2009 (33,79%). En Cataluña, ás seis xa votara o 35,4 % do electorado, 8,5 puntos máis que nos últimos comicios europeos.
A participación nas eleccións europeas en Galicia sitúase ás 14:00 no 20,90%, algo menos de dous puntos por baixo das eleccións europeas de 2009 á mesma hora.
O referente galego do PSOE nestas eleccións, José Blanco, sinala tras votar en Lugo que "hoxe decidimos se Europa cambia de rumbo"
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, vota en Lugo e sinala que "hoxe é o día para que todo o mundo faga oír a súa voz".
Ana Miranda, candidata do BNG, exerceu xa o voto en Vigo e animou a vivir a xornada electoral como o "día da liberdade de expresión".
O candidato de CxG, Paulo Carlos López, vota en Betanzos e anima a participar porque "se non nos gusta o que hai, hoxe podemos comezar a cambiar as cousas".
O Deportivo da Coruña xoga esta tarde contra o Numancia coa posibilidade de asegurarse o ascenso á Primeira. O CD Lugo, pola súa banda, busca a vitoria ante o Hércules para certificar a permanencia na Segunda.
A Irmandade Xurídica Galega celebrou hoxe en Ourense a súa VII Asemblea. Previamente, o colectivo de xuristas a prol do galego descubriu unha placa conmemorativa en homenaxe ao avogado Amadeo Varela Rodríguez.
Atacan a marteladas o peche de campaña de IU en Tenerife. O dirixente da coalición Enrique Santiago resultou ferido. Cóntao El Diario.