Ana Miranda, candidata do BNG, exerceu xa o voto en Vigo e animou a vivir a xornada electoral como o "día da liberdade de expresión".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5381bde2eab43-boedqmrigaalc4m.jpg)
Ana Miranda, candidata do BNG, exerceu xa o voto en Vigo e animou a vivir a xornada electoral como o "día da liberdade de expresión".
O candidato de CxG, Paulo Carlos López, vota en Betanzos e anima a participar porque "se non nos gusta o que hai, hoxe podemos comezar a cambiar as cousas".
O Deportivo da Coruña xoga esta tarde contra o Numancia coa posibilidade de asegurarse o ascenso á Primeira. O CD Lugo, pola súa banda, busca a vitoria ante o Hércules para certificar a permanencia na Segunda.
A Irmandade Xurídica Galega celebrou hoxe en Ourense a súa VII Asemblea. Previamente, o colectivo de xuristas a prol do galego descubriu unha placa conmemorativa en homenaxe ao avogado Amadeo Varela Rodríguez.
Atacan a marteladas o peche de campaña de IU en Tenerife. O dirixente da coalición Enrique Santiago resultou ferido. Cóntao El Diario.
El Diario publica unha "guía para indecisos e abstencionistas" que, entre outros contidos, inclúe unha gráfica que aclara a que candidato ou candidata a presidir a comisión apoia cada formación política das que se presenta o 25-M.
O ex xefe de seguridade de Adif asegura que o accidente de Angrois era "imprevisible". Cóntao El País.
En poucos minutos comeza o groso dos actos de peche de campaña das principais candidaturas galegas nestas #Europeas2014. O máis destacado, esta noite en Praza.
O xulgado do mercantil de Pontevedra pon fin ao concurso de acredores en Pescanova, segundo vén de informar o TSXG
O ingreso bancario ao BNG que os investigadores da Pokémon lle atribúen ao delegado de Véndex baseándose no testemuño da directora dunha sucursal de Novagalicia foi realizado polo propio Bloque, segundo consta no xustificante amosado este venres pola formación (premer na imaxe para ampliar).