A Irmandade Xurídica Galega celebrou hoxe en Ourense a súa VII Asemblea. Previamente, o colectivo de xuristas a prol do galego descubriu unha placa conmemorativa en homenaxe ao avogado Amadeo Varela Rodríguez.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5380afb078d0a-img-20140524-wa0000.jpg)
A Irmandade Xurídica Galega celebrou hoxe en Ourense a súa VII Asemblea. Previamente, o colectivo de xuristas a prol do galego descubriu unha placa conmemorativa en homenaxe ao avogado Amadeo Varela Rodríguez.
Atacan a marteladas o peche de campaña de IU en Tenerife. O dirixente da coalición Enrique Santiago resultou ferido. Cóntao El Diario.
El Diario publica unha "guía para indecisos e abstencionistas" que, entre outros contidos, inclúe unha gráfica que aclara a que candidato ou candidata a presidir a comisión apoia cada formación política das que se presenta o 25-M.
O ex xefe de seguridade de Adif asegura que o accidente de Angrois era "imprevisible". Cóntao El País.
En poucos minutos comeza o groso dos actos de peche de campaña das principais candidaturas galegas nestas #Europeas2014. O máis destacado, esta noite en Praza.
O xulgado do mercantil de Pontevedra pon fin ao concurso de acredores en Pescanova, segundo vén de informar o TSXG
O ingreso bancario ao BNG que os investigadores da Pokémon lle atribúen ao delegado de Véndex baseándose no testemuño da directora dunha sucursal de Novagalicia foi realizado polo propio Bloque, segundo consta no xustificante amosado este venres pola formación (premer na imaxe para ampliar).
A Unión de Consumidores de Galicia alerta de que as técnicas comerciais que se están a empregar por parte de operadores na comercialización de contratos no mercado libre de electricidade "poden inducir a erro ao consumidor".
Ao redor de 1.275.000 parados e paradas levan máis de tres anos sen emprego en España, segundo os datos que fixo públicos este venres o INE. O grupo de parados de longa duración creceu un 22% no último ano.
Cinco dos seis xuíces de instrución da Audiencia Nacional rexeitan a reforma da xustiza universal aprobada polo PP. Cualifícana de “ilóxica e inconstitucional”