As sondaxes a pé de urna danlle a vitoria á Fronte Nacional de Le Pen en Francia. Sería a primeira forza co 25% dos votos.

As sondaxes a pé de urna danlle a vitoria á Fronte Nacional de Le Pen en Francia. Sería a primeira forza co 25% dos votos.
Pechados xa os colexios electorais. Os resultados oficiais das eleccións europeas coñeceranse ás once da noite.
A Policía investiga a desaparición de todas as papeletas de AGE nun colexio electoral de Monforte. A mesa permanecerá aberta vinte minutos máis.
O Lugo empata ante o Hércules (1-1) cun gol de Manu de penalti ao pouco do final e case confirma a súa permanencia na Segunda División.
As enquisas a pé de urna dan a vitoria a Syriza en Grecia, onde obtería entre o 26 e o 30% dos votos.
A participación en Galicia ás 18 horas baixa máis dun punto e medio con respecto á de hai cinco anos, situándose no 33,76% fronte ao 35,31% de 2009. A nivel estatal alcanza o 33,65%, case idéntica á rexistrada en 2009 (33,79%). En Cataluña, ás seis xa votara o 35,4 % do electorado, 8,5 puntos máis que nos últimos comicios europeos.
A participación nas eleccións europeas en Galicia sitúase ás 14:00 no 20,90%, algo menos de dous puntos por baixo das eleccións europeas de 2009 á mesma hora.
O referente galego do PSOE nestas eleccións, José Blanco, sinala tras votar en Lugo que "hoxe decidimos se Europa cambia de rumbo"
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, vota en Lugo e sinala que "hoxe é o día para que todo o mundo faga oír a súa voz".
Ana Miranda, candidata do BNG, exerceu xa o voto en Vigo e animou a vivir a xornada electoral como o "día da liberdade de expresión".