O alcalde de Marinaleda anuncia máis asaltos a supermercados "para que a xente coma todos os días" e logo de que onte "expropiase alimentos" nun centro xunto con varios sindicalistas para repartilo en varios bancos de alimentos.
Fálase
A sanidade privada sairalles máis barata que a pública aos inmigrantes. O importe que prevé cobrar o Goberno aos sen papeis é un 30% máis caro que os seguros privados.
O PSdeG denuncia que a Xunta deu un contrato á empresa na que traballa a irmá de Feijóo sen mendiar concurso público.
O PP insiste en que a redución de deputados "é o que demanda a xente" e asegura que BNG e PSdeG deben decatarse diso.
Toxo e Méndez trasládanlle ao Rei de España a necesidade de convocar un referendo sobre os recortes. Os líderes de CCOO e UGT acudiron a unha audiencia á Zarzuela.
A galega Begoña Fernández accede a semifinais dos Xogos Olímpicos coa selección española de balonmán logo de vencer a Croacia nos cuartos.
A Xunta asegura que Bruxelas "está tomando o pelo" ao sector naval ao atrasar a súa resolución sobre a proposta alternativa ao 'tax lease' feita polo Goberno.
O PP di que é o momento de "axustar o modelo autonómico para devolverlle a racionalidade" e que as comunidades sexan así "fonte de confianza".
A Xunta insiste en que "é posible facer algún cambio na tarificación" da AP-9. O conselleiro Hernández confía en que o Ministerio de Fomento "sexa capaz de trasladar a Audas a necesaria sensibilidade que debe ter co territorio".
Montoro admite que os novos recortes en 2013 "serán moi dolorosos". O ministro de Facenda chega a afirmar, nunha entrevsita en Valores, que os axustes aplicados até o de agora "son só o principio".