Máis de 5.000 persoas, segundo os organizadores, participaron este mediodía nun flashmob pola independencia de Cataluña. A foto e a información son do diario Ara

Máis de 5.000 persoas, segundo os organizadores, participaron este mediodía nun flashmob pola independencia de Cataluña. A foto e a información son do diario Ara
O London Chest Hospital confirma que o xogador Fabrice Muamba tivo un ataque ao corazón durante o partido deste sábado entre o Bolton, no que milita, e o Tottenham. O deportista está en estado crítico despois de sufrir un esvaecemento durante a primeira metade do partido de copa. A última nova é de Sky Sports
A Asamblea Aberta Ourense e a Plataforma polo Aforro Público organizan a conferencia "Finanzas Éticas". A sesión, que terá lugar o próximo mércores 21, contará coa presenza de Marité Vázquez ou Lidia Senra. Será a partir das 19:00 horas na aula 2.4 do edificio de Ferro de Ourense
"Despois do 29-M habería que regular o dereito a folga". Son palabras do presidente da patronal empresarial española CEOE, Juan Rosell, recollidas polo diario ABC. "Non se pode permitir que un grupiño poida chegar a paralizar un país"
"Se os tambores da guerra empezan a escoitarse con máis forza este verán, o prezo do petróleo podería medrar ata provocar un colapso na recuperación da economía norteamericana e mundial, e mesmo abriría as portas a unha nova recesión se hai conflito militar e aumentan máis os prezos". É un estrato dunha opinión de Nouriel Roubini para Project Syndicate sobre materias primas e a ameaza de Israel para atacar Irán.
Ducias de persoas foron arrestadas estra madrugada en Nova York nunha protesta de Occupy Wall Street. Imaxes de Reuters
Ollastes hoxe a primeira páxina do diario La Razón? Se vos sorprendeu a deste sábado do ABC ("Petróleo Español") tedes que botarlle un ollo a esta. Nas redes sociais debátese sobre a "desputa" entre ambos os dous diarios para elaborar primeiras páxinas tan chamativas (ou o calificativo que máis vos pareza)
Non foi capaz o Obradoiro de derrotar a domicilio ao Barcelona. O equipo santiagués perdeu 71-58 fronte ao equipo de Navarro nun partido no que chegou a anotar un parcial de 0-11. O Obra nunca gañou ao Barça, que é líder da liga Endesa de baloncesto
Unha enquisa avanza un desastre electoral para o PSOE en Andalucía. El País publica unha estimación do resultado elaborada por Metroscopia na que o PP de Javier Arenas é o claro vencedor.
Mariano Rajoy: "Non son partidario do copagamento na sanidade". O presidente do Executivo pronunciouse finalmente sobre este asunto despois de que a Generalitat aprobara a súa posta en marcha mediante o pago dun euro por prescrición.