Minuto de silencio na concentración de Ourense (via @cesardelcano)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f79f4ed0fb1a-apf4i2pcmaaubw5.jpg)
Minuto de silencio na concentración de Ourense (via @cesardelcano)
Ao redor de 500 persoas na Porta do Sol de Vigo (via @kovskiano)
O Obelisco da Coruña, ateigado de xente (via @lauralruiz)
Imaxe da manifestacion de Lugo, que camiña cara á delegacion da Xunta en Lugo (imaxe via @xsglugo)
Comeza a concentración no Obradoiro, continúa a chegar xente #SOSFragasdoEume
A Xunta anuncia que dá por controlado o lume e mantén a cifra de 750 hectáreas queimadas, a mesma que esta mañá.
O xornalista Alfonso Hermida dimite como editor e presentador do Telexornal Serán da TVG polo tratamento ao asalto á sede da televisión pública por parte dos afectados das preferentes das antigas caixas. Cóntao El País.
As Deputacións de Bizkaia e Gipuzkoa non aplicarán a amnistía fiscal do Goberno central. A de Araba podería facer o mesmo, dada a minoría do PP. En Deia.
As 20.00 comezarán as concentracións polas Fragas do Eume en Pontedeume (diante do Concello) e Ferrol (Praza de Armas). E ás 20.30 terán lugar no resto de cidades e vilas do país: A Coruña (Cantóns), Lugo (Praza Maior), Ourense (diante do Concello), Betanzos (diante do Concello), Pontevedra (Ferrería), Vigo (Porta do Sol), Compostela (Praza do Obradoiro), Foz (diante do edificio de Facenda ), Vilagarcía de Arousa (Praza de Galiza), Xinzo de Limia (Praza Maior) e Lalín (Praza da Igrexa)
#SOSFragasdoEume Novo comunicado da Xunta tras a desactivación da alerta de nivel 1. Segue a manter a cifra de 750 hectáreas queimadas pero agora si menciona ás Fragas do Eume. Podédelo ler aquí.