Catro ex directivos da caixa galega cobrarán 33 millóns máis ao cumprir 65 anos, ademais das indemnizacións xa percibidas. José Luis Pego, Javier García de Paredes, Óscar Rodríguez Estrada e Gregorio Gorriarán serán os beneficiados, segundo informa hoxe El País.
Fálase
A Comisión Europea abre a porta a suavizar o cumprimento do déficit. O vicepresidente, Olli Rehen, avoga por "un pacto europeo polos investimentos" para impulsar o crecemento na Unión.
Gallardón asegura que os recortes "non son suficientes". O ministro de Xustiza asegura que o axuste impulsado polo Goberno do PP "non son o principio do fin" porque "aínda non so suficientes", pero si "imprescindibles".
Deportes. O Celta vence en Sabadell (1-2) con goles de Álex López e Orellana e continúa forte na loita polo ascenso directo. Mañá en Riazor, o Deportivo enfróntase ao Valladolid, a quen tentan dar caza os celtiñas.
Zënzar presenta hoxe o seu novo disco na sala Josfer, de Mesón do Vento (Ordes). O novo traballo do grupo galego, Vaise armar, está xa á venda.
Zënzar presenta hoxe o seu novo disco na sala Josfer, de Mesón do Vento (Ordes). O novo traballo do grupo galego, Vaise armar, está xa á venda.
O Supremo ordena revisar o fallo a favor da supramunicipalidade de Ence. O Concello de Pontevedra ve na sentenza un "pau" ao TSXG, a Xunta e a empresa, e prevé que terá "enormes" consecuencias prácticas.

O Concello da Coruña saca a poxa os coches oficiais do anterior Goberno local e ponos en exposición na praza de María Pita. Imaxe de @sirborch
O Concello da Coruña poxa os coches oficiais do anterior Goberno local e ponos en exposición na praza de María Pita.