#CongresoCXG O congreso constituínte de CxG aproba que o partido empregue oficialmente a bandeira galega sen escudo. Máis información sobre o congreso, este serán en Praza.
Fálase
O Obradoiro caeu ante o Real Madrid por 87-97 tras un gran partido, no que o equipo madrileñó só foi quen de imporse nos últimos minutos, cun parcial de 12-0-
En hóquei a patíns, o Cerceda venceu por 5 a 6 no campo do Raspeig e colócase a un só punto da lideranza na Primeira División masculina. Na OK Liga feminina, nova derrota do Traviesas, desta vez por 0 a 6 fronte ao líder Voltregá. As viguesas aínda non puntuaron e son pechacancelas da clasificación. Neste final de semana non houbo competición na OK Liga masculina.
O CHL Meigas non puido conseguir a súa segunda vitoria consecutiva e perdeu por un apertado 4 a 5 fronte ás Walkyrias madrileñas. As luguesas seguen a ocupar a 7ª posición na Liga Elite Feminina.
A luz subirá en xaneiro arredor dun 4%. Cóntao El Diario.
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, defende nunha entrevista en El País a opción "política" de que a relixión estea presente nas aulas, admite que o alumnado catalán non "esquece" o castelán e cualifica a homosexualidade de "fenómeno".
#XAsambleaIU IU aproba unha declaración na súa asemblea na que aspira a ser "unha organización de masas" para "liderar a rebelión democrática". En El Diario.
Amaiur agradécelle ao BNG que non se sumase ao "veto" do PSOE e UPyD no recurso conxunto contra o recorte ás pensións
Só o Santiago Futsal logrou un resultado positivo nesta xornada de liga, gañándolle 3-1 ao Zaragoza. O Azkar Lugo caeu goleado 1-7 ante o Navarra e ao Burela aconteceulle o propio por 7-4 fronte aos Ríos Renovables.
A esta hora comeza en Teo o congreso de Compromiso por Galicia, no que a organización se constituirá en partido político