Pescanova suspende a fichaxe de Houlihan Lokey como asesor. Ata que os termos do contrato sexan aprobados polo consello de administración.
Fálase
Iberia acepta a proposta do mediador que reduce o axuste laboral. A empresa podería suspender o ERE.
O AVE perdeu case medio millón de viaxeiros en 2012 e a caida dende 2006 é dun 10%
El Diario analiza o contraste entre os máximos históricos que se están rexistrando na Bolsa de Nova York e a redución dos salarios e a contracción do consumo. Nos Estados Unidos os beneficios empresariais creceron un 20% dende 2008 e os salarios un 1,4%
Os sobriños da muller falecida en Urxencias en Vigo exigen coñecer o informe médico completo, que se revisen os protocolos médicos e que non se utilice politicamente o caso e afirman que "todos temos dereito a morrer con dignidade e a unha adecuada atención".
O PP ten listo o cambio de maioría no Tribunal Constitucional. Na actualidade os maxistrados progresistas son 7 e os conservadores 5 pero antes do verán teñen que ser relevados catro deles. Segundo El País, para Rajoy é fundamental asegurar o control do tribunal de cara á consulta sobranista catalá de 2014.
O Celta perde ante o Real Madrid (1-2) e non sae dos postos de descenso. Iago Aspas marcou para os galegos e Ronaldo para o rival. O equipo vigués e o Deportivo afrontarán o derbi do vindeiro venres nos dous últimos postos da clasificación.
Fútbol. Resultados de Terceira.
Dorneda 2 - 2 Alondras
As Pontes 2 - 0 Racing Vilalbés
Celta B 2 - 2 Pontevedra
Betanzos 1 - 1 Somozas
Barbadás 2 - 1 Narón
Bergantiños 2 - 1 Céltiga
Ordes 0 - 0 Negreira
Compostela 2 - 0 Cerceda
Racing de Ferrol 8 - 0 R. Bouzas
Villalonga 1 - 4 FabrilFútbol. O Ourense empata en Fuenlabrada (2-2) e o Coruxo cae goleado na casa ante o Real Madrid C (1-5).
O alcalde de Ponferrada deixa o PSOE pero non dimite e continúa na alcaldía. Samuel Folgueral bota un pulso a Ferraz e agudiza a crise no Partido Socialista.