O Deportivo vence o Sabadell (2-1) e mantense no liderado da Segunda División. Salomao e Toché foron os autores dos goles do equipo galego. O Coruxo empatou sen goles en Xixón no encontro de 2ªB.
Fálase
O temporal bateu con forza en Galicia con ondas de ata 13 metros. Na Coruña, a forza do mar derrubou 50 metros do paseo marítimo e arrastrou coches e bancos de pedra. Imaxe @bombeiroscoruna.
TVE agocha a manifestación contra a reforma da lei do aborto detrás de 15 noticias. Os informativos dedican minuto e medio á masiva marcha.
BNG e EU piden a dimisión de cargos implicados na operación Pokemon. Besteiro di apoiar "a todos os dirixentes do PSOE" e Agustín Hernández pide que "quen a fixo, que a pague".
O BNG homenaxea na Coruña a Moncho Valcarce. O voceiro do Bloque, Xavier Vence, lidera a homenaxe no cemiterio de Santo Amaro.
O Tren da Liberdade converte Madrid nun clamor contra a reforma da lei do aborto. Milleiros de persoas percorren as rúas desde a estación de Atocha nunha exitosa convocatoria.
Milleiros de afectados polas preferentes reclaman a devolución íntegra dos seus aforros en Vigo. Imaxe de @xosepalacio.
Os trens da liberdade chegan a Madrid para unirse á marcha contra a reforma da lei do aborto. Unha representación galega saíu a pasada noite desde varias cidades do país para unirse á protesta.
O PP de Pontevedra equipara o aborto ao exterminio de discapacitados dos espartanos. "O embarazo non é só da muller, é un tema do matrimonio", di o alcalde de Baiona no pleno da Deputación.
Vendex funcionaba como unha mafia empresarial á caza de contratas municipais, segundo resume El País, que destaca que a trama de corrupción salpica a máis de cen imputados. O sumario confirma as graves acusacións contra os gobernos municipais de Lugo, A Coruña, Compostela e Ourense.