Milleiros de afectados polas preferentes reclaman a devolución íntegra dos seus aforros en Vigo. Imaxe de @xosepalacio.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52eccf0c4011e-bfyinp0iyaeuenw.jpg)
Milleiros de afectados polas preferentes reclaman a devolución íntegra dos seus aforros en Vigo. Imaxe de @xosepalacio.
Os trens da liberdade chegan a Madrid para unirse á marcha contra a reforma da lei do aborto. Unha representación galega saíu a pasada noite desde varias cidades do país para unirse á protesta.
O PP de Pontevedra equipara o aborto ao exterminio de discapacitados dos espartanos. "O embarazo non é só da muller, é un tema do matrimonio", di o alcalde de Baiona no pleno da Deputación.
Vendex funcionaba como unha mafia empresarial á caza de contratas municipais, segundo resume El País, que destaca que a trama de corrupción salpica a máis de cen imputados. O sumario confirma as graves acusacións contra os gobernos municipais de Lugo, A Coruña, Compostela e Ourense.
O Celta vence o Granada cun gol de Augusto a pouco do final nun partido moi igualado. O equipo de Luis Enrique consegue por primeira vez na tempada dúas vitorias seguidas. Cabral fixo o primeiro gol dos vigueses.
Fraga pediu antes de morrer "que Rajoy preservase a unidade de España e do PP". O ex presidente da Xunta pediulle a Carlos Argos, secretario do Comité de Dereitos, que lle dixera iso ao actual presidente do Goberno pouco antes de falecer.
Renfe pasa a ser a responsable da custodia dos restos do tren accidentados en Angrois. O xulgado de Santiago sinala que, "ante a imposibilidade, por razóns de servizo, de que a Policía Nacional poida continuar" desenvolvendo este labor, a empresa pública debe "manter un servizo de vixilancia" sobre os mesmos, coa "imposibilidade de traslado ata nova decisión".
Teo súmase aos concellos galegos que non aceptarán a instalación de circos con animais. Tras a aprobación en pleno dunha moción presentada polo BNG e apoiada polo grupo de goberno, o consistorio teense únese a Vigo, Ourense, Betanzos, Ares, Fene e Viveiro.
Orozco tería recibido sobres de cartos a cambio de favores a Vendex, segundo Aduanas, tal e como informa La Voz de Galicia. Así o revelaría un informe do sumario da operación Pokemon.
Stop Desfiuzamentos A Coruña aprópiase simbolicamente esta mañá das entidades bancarias que executan desafiuzamentos.