Renfe pasa a ser a responsable da custodia dos restos do tren accidentados en Angrois. O xulgado de Santiago sinala que, "ante a imposibilidade, por razóns de servizo, de que a Policía Nacional poida continuar" desenvolvendo este labor, a empresa pública debe "manter un servizo de vixilancia" sobre os mesmos, coa "imposibilidade de traslado ata nova decisión".
Fálase
Teo súmase aos concellos galegos que non aceptarán a instalación de circos con animais. Tras a aprobación en pleno dunha moción presentada polo BNG e apoiada polo grupo de goberno, o consistorio teense únese a Vigo, Ourense, Betanzos, Ares, Fene e Viveiro.
Orozco tería recibido sobres de cartos a cambio de favores a Vendex, segundo Aduanas, tal e como informa La Voz de Galicia. Así o revelaría un informe do sumario da operación Pokemon.
Stop Desfiuzamentos A Coruña aprópiase simbolicamente esta mañá das entidades bancarias que executan desafiuzamentos.
Un médico ourensán acabado de xubilar explica que non vai acudir á homenaxe que o Sergas organiza para os profesionais retirados no pasado ano para non ter que "aplaudirlles" aos responsables do "programa privatizador" da sanidade pública galega. Aclárao neste artigo en La Región.
ERC presentarase en solitario ás eleccións europeas, pero deixa a porta aberta ao BNG e ao PSM. Esquerra renuncia a compartir candidatura coa esquerda abertzale.
Un policía nacional detén unha muller nunha oficina do DNI de Barcelona por falar en catalán por teléfono. O axente, tras increpala, faloulle en galego. Cóntao El Punt Avui.
O xornalista Luis R. Aizpeolea analiza en El País o discurso da dereita española tras o cesamento da violencia de ETA. Titúlao Contra ETA vivíamos mejor
O Banco Santander impide a proxección dun documental sobre a demolición do interior dun edificio de Madrid que é da súa propiedade. Ameaza o autor con accións legais. Cóntao El Diario.
O fillo do alcalde de Monterrei releva o seu pai á fronte do PP da localidade. Recólleo La Voz.