Un policía nacional detén unha muller nunha oficina do DNI de Barcelona por falar en catalán por teléfono. O axente, tras increpala, faloulle en galego. Cóntao El Punt Avui.
Fálase
O xornalista Luis R. Aizpeolea analiza en El País o discurso da dereita española tras o cesamento da violencia de ETA. Titúlao Contra ETA vivíamos mejor
O Banco Santander impide a proxección dun documental sobre a demolición do interior dun edificio de Madrid que é da súa propiedade. Ameaza o autor con accións legais. Cóntao El Diario.
O fillo do alcalde de Monterrei releva o seu pai á fronte do PP da localidade. Recólleo La Voz.
Unha alto cargo do Sergas avalou o ascenso fraudulento do marido da conselleira de Sanidade. Cóntao El País.
A xuíza Pilar de Lara ergue parcialmente o segredo de sumario na operación Pokémon, que investiga supostas ilegalidades en contratacións de varios concellos galegos.
O analista Carlos Neira elabora un mapa con todas as aldeas deshabitadas de Galicia. Pódese consultar no seu blog, Calidonia.
The Guardian faise eco das preguntas do deputado de Amaiur Jon Iñárritu sobre a intercesión divina na xestión do Goberno de España. O xornal británico ilustra a información cunha imaxe de Santa Teresa de Jesús.
Plétora!, a revista especializada en arte e centrada no traballo de creadores galegos, presenta hoxe no Marco de Vigo o seu segundo número.
Un duro artigo relata a "manipulación informativa" da TVG e louva a actitude dos traballadores que denuncian a situación no blog Eu non manipulo. A xornalista e analista de televisión Mariola Cubells carga contra os directivos da canle pública.