A xuíza Pilar de Lara ergue parcialmente o segredo de sumario na operación Pokémon, que investiga supostas ilegalidades en contratacións de varios concellos galegos.
Fálase
O analista Carlos Neira elabora un mapa con todas as aldeas deshabitadas de Galicia. Pódese consultar no seu blog, Calidonia.
The Guardian faise eco das preguntas do deputado de Amaiur Jon Iñárritu sobre a intercesión divina na xestión do Goberno de España. O xornal británico ilustra a información cunha imaxe de Santa Teresa de Jesús.
Plétora!, a revista especializada en arte e centrada no traballo de creadores galegos, presenta hoxe no Marco de Vigo o seu segundo número.
Un duro artigo relata a "manipulación informativa" da TVG e louva a actitude dos traballadores que denuncian a situación no blog Eu non manipulo. A xornalista e analista de televisión Mariola Cubells carga contra os directivos da canle pública.
#consellodaxunta Feijóo circunscribe o caso do marido da conselleira de Sanidade, cuxo ascenso no CHUS foi suspendido pola Xustiza, a "un proceso interno do hospital". "Non se examinaba un membro do goberno", evidencia.
Besteiro anuncia que o PSOE vén de suspender de militancia os edís díscolos de Ourense por "incumprir as súas obrigas" de maneira "reiterada".
O alcalde de Antas asegura que a lei o obriga a facer funcionaria do Concello á súa dona. En El Progreso
Pemex anuncia novas oportunidades para Galicia nos vindeiros meses. A petroleira precisa seis floteis máis e vinte buques abastecedores e unha delegación visitará Vigo para abordar a renovación da frota.
GCiencia lembra a figura de Doña Angelita, "a ferrolá que inventou o libro electrónico". Esta mestra inventou en 1949 a súa Enciclopedia Mecánica, cun sistema de carretes intercambiables, que anticipa a idea do eBook. O prototipo consérvase no Muncyt da Coruña.