#consellodaxunta Feijóo circunscribe o caso do marido da conselleira de Sanidade, cuxo ascenso no CHUS foi suspendido pola Xustiza, a "un proceso interno do hospital". "Non se examinaba un membro do goberno", evidencia.
Fálase
Besteiro anuncia que o PSOE vén de suspender de militancia os edís díscolos de Ourense por "incumprir as súas obrigas" de maneira "reiterada".
O alcalde de Antas asegura que a lei o obriga a facer funcionaria do Concello á súa dona. En El Progreso
Pemex anuncia novas oportunidades para Galicia nos vindeiros meses. A petroleira precisa seis floteis máis e vinte buques abastecedores e unha delegación visitará Vigo para abordar a renovación da frota.
GCiencia lembra a figura de Doña Angelita, "a ferrolá que inventou o libro electrónico". Esta mestra inventou en 1949 a súa Enciclopedia Mecánica, cun sistema de carretes intercambiables, que anticipa a idea do eBook. O prototipo consérvase no Muncyt da Coruña.
Santiago Calatrava denuncia unha web (www.calatravatelaclava.com) que recolle os seus proxectos falidos e as súas irregularidades e sobrecustes
A economía mergullada move 14.100 millóns de euros anuais en Galicia, un 25,6% do PIB, e crece un 32% ao longo da crise.
A Reserva Federal norteamericana reduce de novo os seus estímulos á economía, retirando 10 mil millóns de dólares de inxección ao sistema, o que se espera que provoque un descenso das bolsas.
García-Abadillo substitúe Pedro J. Ramírez como director de El Mundo. Nos últimos meses producírase un distanciamento entre o Goberno de Rajoy e o xornal, sobre todo a raíz da publicación das contas suízas de Bárcenas.
A sarabia provoca un accidente múltiple no quilómetro 33 da AP-9 en sentido Santiago con sete vehículos implicados e tres persoas feridas, segundo informa @A3Galicia