García-Abadillo substitúe Pedro J. Ramírez como director de El Mundo. Nos últimos meses producírase un distanciamento entre o Goberno de Rajoy e o xornal, sobre todo a raíz da publicación das contas suízas de Bárcenas.
Fálase
A sarabia provoca un accidente múltiple no quilómetro 33 da AP-9 en sentido Santiago con sete vehículos implicados e tres persoas feridas, segundo informa @A3Galicia
O colectivo ultracatólico Hazte Oir colapsa a caixa de correo do Concello de Pontevedra para esixir que retire unha pancarta a favor do dereito ao aborto. O goberno local subliña que boa parte dos correos chegan dende fóra da cidade e advirte de que "non imos deixar de defender dereitos". En Pontevedra Viva.
Cinco comunidades rebélanse contra a lei Wert e aseguran que é imposible aplicala o vindeiro curso. Cataluña, Andalucía, Asturias, Euskadi e Canarias din representar máis do 50% do alumnado do Estado.
Galaxia anuncia a publicación da Poesía galega completa de Díaz Castro, un tomo que recolle os textos xa publicados Nimbos e mais o tríptico Nascida d’un sono. Ademais, na obra recolleranse preto de trinta poemas ata o momento espallados por revistas e obras colectivas.
O TSXG anula por "desviación de poder" o ascenso do marido da conselleira de Sanidade no Hospital Clínico de Santiago. O proceso celebrouse cando Rocío Mosquera era xerente do Sergas. Cóntao El Correo Gallego
A revista Time amosa unha aplicación que permite coñecer canto tempo leva gastado no Facebook cada usuario desta rede social.
Pemex elixiu a oferta dos estaleiros galegos para os floteis por ser "o prezo máis baixo solvente". Toda a información e a análise, hoxe en Praza.
O Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerá este venres a décima edición dos Premios EGANET, nun evento que será precedido pola organización da Lacon Network, que celebra así o seu cuarto aniversario.
Os desafiuzamentos seguen aumentando. No primeiro semestre de 2013 houbo 19.567 desaloxos, fronte aos 23.337 que se produciron en todo 2012. Para Ada Colau (PAH) "os novos datos sobre desafiuzamentos demostran que os bancos mentiron"