Galaxia anuncia a publicación da Poesía galega completa de Díaz Castro, un tomo que recolle os textos xa publicados Nimbos e mais o tríptico Nascida d’un sono. Ademais, na obra recolleranse preto de trinta poemas ata o momento espallados por revistas e obras colectivas.
Fálase
O TSXG anula por "desviación de poder" o ascenso do marido da conselleira de Sanidade no Hospital Clínico de Santiago. O proceso celebrouse cando Rocío Mosquera era xerente do Sergas. Cóntao El Correo Gallego
A revista Time amosa unha aplicación que permite coñecer canto tempo leva gastado no Facebook cada usuario desta rede social.
Pemex elixiu a oferta dos estaleiros galegos para os floteis por ser "o prezo máis baixo solvente". Toda a información e a análise, hoxe en Praza.
O Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerá este venres a décima edición dos Premios EGANET, nun evento que será precedido pola organización da Lacon Network, que celebra así o seu cuarto aniversario.
Os desafiuzamentos seguen aumentando. No primeiro semestre de 2013 houbo 19.567 desaloxos, fronte aos 23.337 que se produciron en todo 2012. Para Ada Colau (PAH) "os novos datos sobre desafiuzamentos demostran que os bancos mentiron"
Os traballadores afectados por un ERE temporal non poderán recuperar a súa prestación de desemprego se despois desta medida son despedidos pola empresa, como viña sucedendo até agora.
Obama anuncia durante o discurso do estado da Unión que prescindirá do Congreso para aprobar novas medidas, destinadas a reducir as desigualdades no país. Busca romper o inmobilismo lexislativo e afirma que 2014 será "o ano da acción"
Pemex adxudica os dous floteis previstos a Barreras e Navantia. A noticia comunicouse ás 3.15 da madrugada e para o estaleiro ferrolán supón o primeiro e polo de agora único encargo para este ano, no que dará traballo a 450 persoas a partir de xullo
Pemex anunciará esta noite, previsiblemente, os estaleiros que construirán os prometidos floteis, coa principal incógnita de se un deles recaerá na factoría ferrolá de Navantia. Toda a información, este mércores en Praza.