Pemex adxudica os dous floteis previstos a Barreras e Navantia. A noticia comunicouse ás 3.15 da madrugada e para o estaleiro ferrolán supón o primeiro e polo de agora único encargo para este ano, no que dará traballo a 450 persoas a partir de xullo
Fálase
Pemex anunciará esta noite, previsiblemente, os estaleiros que construirán os prometidos floteis, coa principal incógnita de se un deles recaerá na factoría ferrolá de Navantia. Toda a información, este mércores en Praza.
O FROB nomea a Castellano "representante institucional" de Novagalicia Banco para "garantir a efectividade" da venda da entidade a Banesco.
Chóvenlle as críticas ao diario Mediterráneo Digital por reclamar unha reporteira "sexy" para a súa sección de deportes. 233 Grados recolle a polémica xerada por esta oferta de emprego machista do xornal autoalcumado como "politicamente incorrecto".
O catálogo social patrimoniogalego.net supera os 5.000 bens inventariados. En menos de tres anos de traballo converteuse no maior rexistro público en liña dos monumentos galegos.
O FMI pídelles aos xuíces españois que non poñan obstáculos aos despedimentos. Tamén insta o Goberno a "non prorrogar os convenios" e a igualar as indemnizacións para os contratos indefinidos e temporais.
ERC non acudirá ás eleccións europeas con BNG e EH Bildu, segundo adianta Naiz.info. Esquerra prioriza a súa candidatura ante o proceso soberanista.
Besteiro anuncia "medidas disciplinarias" para os edís de Ourense "que incumpren a obriga de asistir ao seu traballo". O secretario xeral do PSdeG sinala que ao longo do día o partido aclarará o "alcance" das medidas, que poderían desembocar na expulsión, admite.
O PSdeG de Ferrol dá catro días á súa voceira local para que dimita. O conflito interno únese ao que aínda pervive no socialismo ourensán.
Dimite o primeiro ministro de Ucraína logo de semanas de duras mobilizacións da cidadanía. Manifestantes e antidisturbios manteñen as súas posicións no centro de Kiev.