O FROB nomea a Castellano "representante institucional" de Novagalicia Banco para "garantir a efectividade" da venda da entidade a Banesco.
Fálase
Chóvenlle as críticas ao diario Mediterráneo Digital por reclamar unha reporteira "sexy" para a súa sección de deportes. 233 Grados recolle a polémica xerada por esta oferta de emprego machista do xornal autoalcumado como "politicamente incorrecto".
O catálogo social patrimoniogalego.net supera os 5.000 bens inventariados. En menos de tres anos de traballo converteuse no maior rexistro público en liña dos monumentos galegos.
O FMI pídelles aos xuíces españois que non poñan obstáculos aos despedimentos. Tamén insta o Goberno a "non prorrogar os convenios" e a igualar as indemnizacións para os contratos indefinidos e temporais.
ERC non acudirá ás eleccións europeas con BNG e EH Bildu, segundo adianta Naiz.info. Esquerra prioriza a súa candidatura ante o proceso soberanista.
Besteiro anuncia "medidas disciplinarias" para os edís de Ourense "que incumpren a obriga de asistir ao seu traballo". O secretario xeral do PSdeG sinala que ao longo do día o partido aclarará o "alcance" das medidas, que poderían desembocar na expulsión, admite.
O PSdeG de Ferrol dá catro días á súa voceira local para que dimita. O conflito interno únese ao que aínda pervive no socialismo ourensán.
Dimite o primeiro ministro de Ucraína logo de semanas de duras mobilizacións da cidadanía. Manifestantes e antidisturbios manteñen as súas posicións no centro de Kiev.
Esta noite deixounos Pete Seeger, finado aos 94 anos de idade en Nova York. Foi unha das figuras clave do folk norteamericano durante décadas e activista social e voz de moitos movementos.
Os edís do BNG abandonan o pleno de Vilagarcía e os concelleiros de EU péchanse durante 24 horas no Concello, en protesta pola exclusión do pleno de varias das mocións que se presentaran. Pensan que o alcalde quere evitar pronunciarse sobre a reforma do aborto, un dos temas que quedaron fóra da orde do día.