Os edís do BNG abandonan o pleno de Vilagarcía e os concelleiros de EU péchanse durante 24 horas no Concello, en protesta pola exclusión do pleno de varias das mocións que se presentaran. Pensan que o alcalde quere evitar pronunciarse sobre a reforma do aborto, un dos temas que quedaron fóra da orde do día.
Fálase
Arturo Pérez Reverte, Petros Márkaris e Pedro Feijoo recibiron este luns os Premios San Clemente, votados por alumnos e alumnas de institutos galegos, polas novelas O tango da garda vella, Liquidación final e Fillos do mar.
José María Aznar resístese a acudir á Convención Nacional do PP deste venres e tensa a corda con Rajoy. Aznar apoiara a Mayor Oreja como cabeza de lista para as europeas.
Damm e KKR ofrécenlle un 10% de Pescanova á banca acreedora para pechar un acordo. A banca quedaría co 59% da empresa, pero Damm e os seus socios manterían o control da xestión industrial.
Os representantes da Plataforma pola Comisión da Verdade sobre os crimes do franquismo non puideron entrar no acto do día do Holocausto celebrado no Senado malia estar convidados por IU. No acto non houbo condena á alianza de Franco con Hitler.
El Diario analiza a loita da marea branca contra o proxecto de privatización da sanidade en Madrid e lembra os distintos momentos deste proceso: "O Hospital de La Princesa foi un Gamonal".
Jaime Mayor Oreja non recuncará como candidato do PP ás eleccións europeas de maio. Segundo o partido, a decisión partiu do que fora ministro do Interior con José María Aznar, que dende 2009 desenvolveu unha escasa actividade na Eurocámara, formulando unha única pregunta vinculada á exposición de simboloxía relixiosa en espazos públicos.
O PP adianta que "todo apunta" a que incluirá a reforma electoral coa que recortará o Parlamento no primeiro pleno de febreiro. Os conservadores admiten por primeira vez, a través do seu voceiro, Pedro Puy, que a oposición xa presentou alternativas ao recorte.
Javier Fernández-Lasquetty, conselleiro de Sanidade de Madrid, presenta a súa renuncia a Ignacio González tras a paralización do proceso de privatización que impulsara
CiU confirma que irá ás eleccións europeas en coalición con PNV, CxG e CC. Decide repetir a opción dos pasados comicios tras o seu fracaso no intento dunha candidatura nacionalista catalá xunto a ERC.