El Diario analiza a loita da marea branca contra o proxecto de privatización da sanidade en Madrid e lembra os distintos momentos deste proceso: "O Hospital de La Princesa foi un Gamonal".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52e755bfed4fb-concesionarias-hospitales-madrilenos-garantizar-empleos_ediima20130418_0075_21.jpg)
El Diario analiza a loita da marea branca contra o proxecto de privatización da sanidade en Madrid e lembra os distintos momentos deste proceso: "O Hospital de La Princesa foi un Gamonal".
Jaime Mayor Oreja non recuncará como candidato do PP ás eleccións europeas de maio. Segundo o partido, a decisión partiu do que fora ministro do Interior con José María Aznar, que dende 2009 desenvolveu unha escasa actividade na Eurocámara, formulando unha única pregunta vinculada á exposición de simboloxía relixiosa en espazos públicos.
O PP adianta que "todo apunta" a que incluirá a reforma electoral coa que recortará o Parlamento no primeiro pleno de febreiro. Os conservadores admiten por primeira vez, a través do seu voceiro, Pedro Puy, que a oposición xa presentou alternativas ao recorte.
Javier Fernández-Lasquetty, conselleiro de Sanidade de Madrid, presenta a súa renuncia a Ignacio González tras a paralización do proceso de privatización que impulsara
CiU confirma que irá ás eleccións europeas en coalición con PNV, CxG e CC. Decide repetir a opción dos pasados comicios tras o seu fracaso no intento dunha candidatura nacionalista catalá xunto a ERC.
Captan o ministro de Economía, Luis de Guindos, desexando que os xornalistas que cobren a xuntanza do Eurogrupo vaian "tomar polo cú". Ara amosa o vídeo.
A Comunidad de Madrid paraliza a privatización sanitaria logo das sentenzas en contra da Xustiza.
A revista Oink! inicia unha campaña de crowdfunding para garantir a súa continuidade, como adiantaron os seus responsables hai uns días en Praza. Buscan acadar 36.000 euros e ofrecen subscricións por 6 números, pósters asinados polos autores ou cursos de banda deseñada no Garaxe Hermético.
Cinco deseñadores e deseñadoras galegas participan na Madrid Fashion Week, que se celebrará entre o 14 e o 18 de febreiro. Con Sara Coleman como principal ausencia, participarán no encontro Roberto Verino, María Barros e Matteos, aos que se suman os debutantes Veronika Vempelova e Rafael Cameselle.
Veciños e veciñas dos lugares de Son e Gracia, en Santiago de Compostela, cortaron o tráfico esta mañá en protesta polo deterioro do servizo de autobuses.