Captan o ministro de Economía, Luis de Guindos, desexando que os xornalistas que cobren a xuntanza do Eurogrupo vaian "tomar polo cú". Ara amosa o vídeo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52e680550e38f-guindos-senfada-premsa-allucinant-prendre_aravid20140127_0004_23.jpg)
Captan o ministro de Economía, Luis de Guindos, desexando que os xornalistas que cobren a xuntanza do Eurogrupo vaian "tomar polo cú". Ara amosa o vídeo.
A Comunidad de Madrid paraliza a privatización sanitaria logo das sentenzas en contra da Xustiza.
A revista Oink! inicia unha campaña de crowdfunding para garantir a súa continuidade, como adiantaron os seus responsables hai uns días en Praza. Buscan acadar 36.000 euros e ofrecen subscricións por 6 números, pósters asinados polos autores ou cursos de banda deseñada no Garaxe Hermético.
Cinco deseñadores e deseñadoras galegas participan na Madrid Fashion Week, que se celebrará entre o 14 e o 18 de febreiro. Con Sara Coleman como principal ausencia, participarán no encontro Roberto Verino, María Barros e Matteos, aos que se suman os debutantes Veronika Vempelova e Rafael Cameselle.
Veciños e veciñas dos lugares de Son e Gracia, en Santiago de Compostela, cortaron o tráfico esta mañá en protesta polo deterioro do servizo de autobuses.
A Xunta licita unha campaña a través da "Consellería del Medio Rural y del Mar" para fomentar hábitos de consumo saudables "a nivel regional y nacional", segundo indica o Goberno galego no Diario Oficial da UE
O diario Ara publica en exclusiva o argumentario do Ministerio de Exteriores contra o soberanismo catalán que está a distribuír entre as embaixadas de España
A reforma legal do Goberno acabaría co principio de xustiza universal. Suporía poñer fin á investigación do caso Couso, dos voos da CIA ou das torturas en Guantánamo. Os xuíces españois non poderían investigar delitos de xenocidio ou de lesa humanidade.
O Goberno cambiará a reforma da lei do aborto e permitirá abortar nos casos máis graves de malformación, segundo asegura El Mundo. "Se o voto fose secreto, a lei non sairía adiante", di un deputado popular.
Amador Fernández-Savater entrevista Jacques Rancière sobre "as potencias e os problemas do novo paradigma de política cidadá e non partidista que emerxeu a partir do 15-M"