O FMI pídelles aos xuíces españois que non poñan obstáculos aos despedimentos. Tamén insta o Goberno a "non prorrogar os convenios" e a igualar as indemnizacións para os contratos indefinidos e temporais.
Fálase
ERC non acudirá ás eleccións europeas con BNG e EH Bildu, segundo adianta Naiz.info. Esquerra prioriza a súa candidatura ante o proceso soberanista.
Besteiro anuncia "medidas disciplinarias" para os edís de Ourense "que incumpren a obriga de asistir ao seu traballo". O secretario xeral do PSdeG sinala que ao longo do día o partido aclarará o "alcance" das medidas, que poderían desembocar na expulsión, admite.
O PSdeG de Ferrol dá catro días á súa voceira local para que dimita. O conflito interno únese ao que aínda pervive no socialismo ourensán.
Dimite o primeiro ministro de Ucraína logo de semanas de duras mobilizacións da cidadanía. Manifestantes e antidisturbios manteñen as súas posicións no centro de Kiev.
Esta noite deixounos Pete Seeger, finado aos 94 anos de idade en Nova York. Foi unha das figuras clave do folk norteamericano durante décadas e activista social e voz de moitos movementos.
Os edís do BNG abandonan o pleno de Vilagarcía e os concelleiros de EU péchanse durante 24 horas no Concello, en protesta pola exclusión do pleno de varias das mocións que se presentaran. Pensan que o alcalde quere evitar pronunciarse sobre a reforma do aborto, un dos temas que quedaron fóra da orde do día.
Arturo Pérez Reverte, Petros Márkaris e Pedro Feijoo recibiron este luns os Premios San Clemente, votados por alumnos e alumnas de institutos galegos, polas novelas O tango da garda vella, Liquidación final e Fillos do mar.
José María Aznar resístese a acudir á Convención Nacional do PP deste venres e tensa a corda con Rajoy. Aznar apoiara a Mayor Oreja como cabeza de lista para as europeas.
Damm e KKR ofrécenlle un 10% de Pescanova á banca acreedora para pechar un acordo. A banca quedaría co 59% da empresa, pero Damm e os seus socios manterían o control da xestión industrial.