A Reserva Federal norteamericana reduce de novo os seus estímulos á economía, retirando 10 mil millóns de dólares de inxección ao sistema, o que se espera que provoque un descenso das bolsas.
Fálase
García-Abadillo substitúe Pedro J. Ramírez como director de El Mundo. Nos últimos meses producírase un distanciamento entre o Goberno de Rajoy e o xornal, sobre todo a raíz da publicación das contas suízas de Bárcenas.
A sarabia provoca un accidente múltiple no quilómetro 33 da AP-9 en sentido Santiago con sete vehículos implicados e tres persoas feridas, segundo informa @A3Galicia
O colectivo ultracatólico Hazte Oir colapsa a caixa de correo do Concello de Pontevedra para esixir que retire unha pancarta a favor do dereito ao aborto. O goberno local subliña que boa parte dos correos chegan dende fóra da cidade e advirte de que "non imos deixar de defender dereitos". En Pontevedra Viva.
Cinco comunidades rebélanse contra a lei Wert e aseguran que é imposible aplicala o vindeiro curso. Cataluña, Andalucía, Asturias, Euskadi e Canarias din representar máis do 50% do alumnado do Estado.
Galaxia anuncia a publicación da Poesía galega completa de Díaz Castro, un tomo que recolle os textos xa publicados Nimbos e mais o tríptico Nascida d’un sono. Ademais, na obra recolleranse preto de trinta poemas ata o momento espallados por revistas e obras colectivas.
O TSXG anula por "desviación de poder" o ascenso do marido da conselleira de Sanidade no Hospital Clínico de Santiago. O proceso celebrouse cando Rocío Mosquera era xerente do Sergas. Cóntao El Correo Gallego
A revista Time amosa unha aplicación que permite coñecer canto tempo leva gastado no Facebook cada usuario desta rede social.
Pemex elixiu a oferta dos estaleiros galegos para os floteis por ser "o prezo máis baixo solvente". Toda a información e a análise, hoxe en Praza.
O Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerá este venres a décima edición dos Premios EGANET, nun evento que será precedido pola organización da Lacon Network, que celebra así o seu cuarto aniversario.