A presión pública forza a CNMV a airear os sueldos dos directivos do Ibex. Os informes de remuneración de directivos publicaranse como feitos relevantes.
Fálase
A complexidade do cálculo no novo decreto de bolsas e axudas do Ministerio de Educación impidelles aos solicitantes saber con certeza que axuda poderían obter. Segundo os expertos, esta complexidade, unida ás novas esixencias, multiplicará o número de estudantes expulsados das universidades.
Dilma Rousseff propón un referendo para reformar a Constitución co obxectivo de loitar contra a corrupción. Despois de reunirse con representantes do Movimento Passe Livre e cos 27 gobernadores estaduais a presidenta brasileira ofreceu "cinco pactos" en materias fiscais, de sanidade, transporte e educación.
Wert tería deixado Aznar sen bolsa. O ex presidente do Goberno obtivo un 6,4 nos exames previos ao seu ingreso na universidade, menos do que o ministro de Educación lles esixe aos estudantes para acceder ás bolsas.
ADEGA, Lugo Patrimonio, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde e Cultura do País presentarán este martes pola mañá nos Xulgados de Lugo unha solicitude para que se cumpra a Lei de Patrimonio e se respecten os informes preceptivos das excavacións arqueolóxicas nas obras da autovía Lugo-Santiago que ameazan o conxunto de Coeses.
Este martes ás 11 da mañá terá lugar na Delegación do Goberno da Coruña a entrega conxunta de alegacións ás propostas de sanción contra oito das persoas que participaron na mobilización que impediu o desafiuzamento de Aurelia Rey.
Berlusconi, condenado a sete anos de cárcere por prostitución de menores. A sentencia tamén inhabilita de por vida o exprimeiro ministro italiano para exercer cargos públicos. Trátase dunha condena en primeira instancia que Berlusconi poderá recorrer en dúas ocasións
A Comisión Europea sostén que o decreto andaluz de expropiación temporal de vivendas á banca para evitar os desafiuzamentos pon en risco a estabilidade das entidades financeiras
Assange afirma nunha conferencia de prensa telefónica que Snowden está "san e salvo". O fundador de Wikileaks afirma que sabe onde está pero que non pode ofrecer máis detalles.
O proxecto de crear un grupo lácteo galego fracasa de novo, conta El País. A cooperativa que se fixo coa fábrica de Pascual afunde malia o éxito das súas marcas e deixa mil gandeiros atrapados na suspensión de pagamentos