Vén de comezar a manifestación en Ferrol en defensa do sector naval. Participan milleiros de persoas
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5129e3b4966dd-bd3vbeycqain5sb.jpg)
Vén de comezar a manifestación en Ferrol en defensa do sector naval. Participan milleiros de persoas
Máis de 50 grupos de gaiteiros realizaron esta mañá en dinstintos puntos de Galicia -e fóra dela- unha interpretación masiva da Alborada de Rosalía. Por exemplo, en Vigo.
O PSdeG realizou unha vixilia esta pasada noite ás portas do estaleiro de Bazán, como antesala á manifestación que a partir das doce percorrerá as rúas de Ferrol en defensa do naval. Na última marcha celebrada, o 10 de xuño, manifestáronse ente 20 e 30 mil persoas.
Este domingo comeza a votarse en Italia nunhas eleccións que finalizarán mañá. O centroesquerda de Luigi Bersani encabeza as sondaxes cun 34% de intención de voto, seguido de Berlusconi co 28% e o Movemento Cinco Estrelas co 16%. Mario Monti sitúase no 14%. Porén, hai máis dun 30% de indecisos.
Ás 12 horas comezará no barrio ferrolán do Inferniño unha manifestación en defensa do naval convocada polos traballadores de Navantia e a súa industria auxiliar. Do naval viven 17 mil persoas na comarca de Ferrolterra e é a primeira vez en vinte anos que non se está a traballar en barco ningún nas gradas.
Hoxe é o día de Rosalía. Máis de 50 grupos de gaiteiros realizarán unha interpretación masiva da Alborada de Rosalía: 5 en Vigo, 4 en Santiago, 2 en Pontevedra, 3 na Coruña, 3 en Lugo, en Cork, en Madrid, na Muralla romana, no Pico Sacro, na Casa de Rosalía, no Pazo de Lestrove, na Casa de Manuel María... Ás 12 horas no Panteón de Galegos Ilustres terá lugar un acto nacional organizado pola AELG onde se lerán poemas de Cantares gallegos
O Dépor caeu no último momento ante o Real Madrid en Riazor 1-2. Mellor lle foi ao Lugo, que derrotou 2-0 ao Recreativo
Milleiros de manifestantes continúan na Praza de Neptuno, a pesar de que os convocantes da manifestación dan a mobilización por rematada.
En Madrid hai moitísimos manifestantes e moita policía tamén
As manifestacións son masivas en todo o Estado. Por exemplo, en Barcelona