Aquí tedes o vídeo do flashmob pola independencia de Cataluña que se celebrou este mediodía en Barcelona. "La plaça de Catalunya de Barcelona s'ha omplert de gent i d'estelades aquest migdia durant la realització del Flashmob per la independència", cita Vilaweb.
Fálase
O Cadernos desta semana vén cargado de boas análises. Entre as novas que destaca a publicación está a da decisión de Alemaña de pechar as portas da cobertura por desemprego aos parados procedentes de España. Destacamos, asemade, estoutros posts:
- As asociacións de Suíza rexeitan o anteproxecto de reforma da Lei de Galeguidade da Xunta. Enlace
- As historias da nova diáspora galega na rede, de Sara Comesaña. Preme aquí
- Editorial: Unha oportunidade? "Somos nós, os pesimistas, os que xa marchamos, os que queremos darlle unha oportunidade a Galiza, despois do fracaso colectivo que representa a emigración. Construamos desde fóra esa esperanza, agora que aínda estamos a tempo", apunta Cadernos.
Diario de Toledo asegura que o marido de Dolores de Cospedal se beneficia de adxudicacións da televisión pública de Castilla La Mancha. Menciona en concreto a Vertice 360, da que Ignacio López del Hierro é conselleiro. Esta firma resultou beneficiaria de catro dos sete concursos públicos da canle de televisión. Enlace á nova
Miles de ortodoxos choran hoxe a morte do papa Shenuda, que faleceu en Exipto aos 88 anos. Shenuda III fora elixido patriarca en 1971. A imaxe é de Reuters
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegura que as eleccións autonómicas serán en 2013. "Eu non estou en precampaña", remarcou nunha entrevista de Aida Pena en Radio Galicia-Cadena Ser
Joaquim Gauck, novo presidente de Alemaña. Galería de imaxes do thueringer-allgemeine.de. Substitúe a Christian Wulff, quen tivo que dimitir por estar involucrado presuntamente nun escándalo de corrupción.
Morreron cinco inmigrantes máis no camiño entre África e a illa de Lampedusa. Unha embarcación con máis de trinta persoas, segundo informa Il Corriere della Sera, vai camiño da costa axudada por un remolcador.
Máis de 5.000 persoas, segundo os organizadores, participaron este mediodía nun flashmob pola independencia de Cataluña. A foto e a información son do diario Ara
O London Chest Hospital confirma que o xogador Fabrice Muamba tivo un ataque ao corazón durante o partido deste sábado entre o Bolton, no que milita, e o Tottenham. O deportista está en estado crítico despois de sufrir un esvaecemento durante a primeira metade do partido de copa. A última nova é de Sky Sports
A Asamblea Aberta Ourense e a Plataforma polo Aforro Público organizan a conferencia "Finanzas Éticas". A sesión, que terá lugar o próximo mércores 21, contará coa presenza de Marité Vázquez ou Lidia Senra. Será a partir das 19:00 horas na aula 2.4 do edificio de Ferro de Ourense