O BNG organiza este sábado as xornadas Parlamento aberto, ideas para a Galiza que queremos, coa participación na cámara de representantes do sector industrial, agrario, pesqueiro, colectivos da sanidade, do ensino público, da ecoloxía ou en defensa das mulleres
Fálase
Grecia celebra este domingo novas eleccións lexislativas, que se presentan en todas as sondaxes cun empate técnico entre Syriza e Nova Democracia, aínda que cunha leve diferenza (de entre 1 e 3 puntos) a favor da coalición liderada por Tsipras. A escisión de Syriza, Unidade Popular, entraría no Parlamento cun 3 ou un 4 por cento dos votos. Pablo Iglesias participou este venres no peche de campaña do actual presidente grego.
Croacia engana centos de refuxiados e envíaos a Hungría. Así mesmo, o país balcánico, que se convertera nunha alternativa para tentar entrar en Austria ante os bloqueos impostos por Budapest, pechou sete pasos fronteirizos con Serbia.
Javier Maroto, vicesecretario xeral do PP, reivindica ante Mariano Rajoy a normalidade do matrimonio homosexual, nunha voda á que asistiu a cúpula do partido. "As sociedades evolucionan, os partidos evolucionan e hoxe o meu partido e o Goberno queren sumarse a iso", destacou Maroto. O presidente do Goberno sentou na mesa Céline Dion durante o banquete
A sociedade Leite Noso adxudicouse este venres por 670 mil euros Deleite e Muu, marcas de Alimentos Lácteos, no marco do proceso de liquidación desta empresa. Na poxa tamén Casa Macán presentara unha oferta de 625 mil euros, comprometéndose á contratación dos ex traballadores e á incorporación de cooperativas.
PSdeG e BNG ultiman a moción de censura na Diputación de Lugo, publica La Voz de Galicia. O candidato a presidente, segundo esta información, sería o socialista Darío Campos, alcalde da Pontenova.
A UDEF sostén, no marco da investigación da Operación Patos, que o ex concelleiro de Obras de Nigrán beneficiou con contratos públicos a outro antigo edil do PP
Ángel Carracedo recibiu este venres en Córdoba o Premio Nacional de Xenética na modalidade de investigación aplicada
Hoxe eldiario.es celebra o seu terceiro aniversario, con cinco millóns de lectores e lectoras cada mes, 12 mil socios e socias, trece edicións locais e 44 xornalistas, convertido nun xornal de referencia
Ubaldo Cerqueiro debulla en Que pasa na Costa (e en castelán en Diagonal) as moitas irregularidades que marcan a historia do heliporto de salvamento marítimo construído na Costa da Morte, finalmente reubicado en Lavacolla.