Ubaldo Cerqueiro debulla en Que pasa na Costa (e en castelán en Diagonal) as moitas irregularidades que marcan a historia do heliporto de salvamento marítimo construído na Costa da Morte, finalmente reubicado en Lavacolla.
Fálase
Ao fío da Operación Patos, o Faro publica que o empresario Enrique Alonso Pais se valía dos contactos políticos coa delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, para facerse con obras licitadas polo Consorcio do Casco Vello, presidido por ela
O TSXG pon en dúbida a legalidade do urbanismo provisional de Ourense. O tribunal plantexa unha cuestión de inconstitucionalidade en relación coa actual ordenanza, aprobada en 2011, cuxo futuro queda no aire. As partes teñen dez días para presentar alegacións.
Ángel Carracedo recolle este venres o Premio Nacional de Xenética na modalidade de investigación aplicada. O xurado recoñeceu o traballo do equipo de Medicina Xenómica que dirixe e o desenvolvemento de novas tecnoloxías para a identificación forense baseadas na xenética molecular
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña encheuse no acto de presentación dos procesos participativos impulsados polo Goberno municipal.
Anova, BNG, Cerna, Compromiso, Podemos e representantes de Marea.gal e Pola unión debaten dende as 21:30 desta noite na Radio Galega a respecto da posibilidade dunha candidatura unitaria para as xerais.
O BNG convoca un encontro aberto con colectivos sociais no Parlamento para recompilar propostas cara ao debate de política xeral. "Abrimos as portas a un parlamento acuartelado polo PP", afirmou Jorquera na presentación da iniciativa, que inclúe un espazo web para a recolleita de suxestións.
Caballero anuncia a construción dun aparcadoiro público e de balde no novo hospital de Vigo. Avánzao Faro de Vigo
Blanco (PSOE) reclámalle ao comisario europeo de Agricultura incrementar o apoio ao sector lácteo, "singularmente ao galego", ao depender del a "soberanía alimentaria de Europa", e lémbralle á Comisión os seus esforzos cando se tratou de socorrer as empresas bancarias.
Desconvocada a folga do lixo que ía comenzar en Santiago o vindeiro domingo tras acadarse un acordo entre persoal e empresa coa mediación do Concello.