O grupo feminista ucraíno FEMEN tala unha cruz de madeira en Kiev como protesta contra o proceso que se segue en Moscova contra as Pussy Riot, que hoxe coñecerán a súa sentencia.

O grupo feminista ucraíno FEMEN tala unha cruz de madeira en Kiev como protesta contra o proceso que se segue en Moscova contra as Pussy Riot, que hoxe coñecerán a súa sentencia.
O Financial Times publica este venres unha ampla reportaxe sobre o ataque que o Goberno central prepara contra o Estado Autonómico, poñendo como excusa a crise económica e o déficit público. O texto salienta a "irresponsabilidade" dalgúns gobernos autonómicos pero tamén a "imposibilidade" de que un recorte da autonomía sexa aceptado por Catalunya e Euskadi.
Publícase no BOE a lista de 417 medicamentos que o Ministerio de Sanidade deixará de financiar en setembro. A lista redúcese un chisco dende a de 456 fármacos que se anunciara en xuño.
Vilamor gaña os premios á mellor fotografía (Alberto Díaz "Bertitxi") e mellor banda sonora (Zeltia Montes) no New York City Internacional Film Festival
A pesar de que a taxa de desemprego en Portugal está en máximos históricos, aumentan as xornadas laborais superiores a 41 horas. Un de cada cinco empregados portugueses xa traballan máis das 40 horas, que son o límite legal
A achega da Xunta para a rede de bibliotecas públicas reduciuse á metade (de 5,9 a 2,9 millóns de euros) nos últimos tres anos. A Cidade da Cultura terá agora preferencia para recibir fondos.
A policía sudafricana asasinou cando menos 18 mineiros que protestaban polas súas condicións de traballo. As imaxes están dando a volta ao mundo.
O café De Catro a Catro, en Vigo, acolle este venres a proxección de catro curtametraxes realizadas por realizadores novos da comarca viguesa: Maletas, Cobaias, As Sombras do Outeiro e Carapuchiña e o pobo feroz. A sesión comezará ás oito e media da tarde.
A industria alimentaria prepara unha forte suba de prezos para o outono. Ao incremento do IVE súmase o das materias primas. De momento, denuncian que Mercadona xa comezou a aplicar en agosto estas subas.
Wikileaks anuncia en Twitter que Assange fará unha declaración persoal ante a embaixada o domingo ás dúas da tarde. Baltasar Garzón, avogado de Assange, pídelle ao Reino Unido que lle dea un salvoconduto, pero o ministro británico de Exteriores, William Hague, xa confirmou que non o farán. A BBC explica as opcións que Assange ten de saír do país sen ser detido.