Os alumnos de 3º de Primaria realizan hoxe a reválida entre o boicot de moitas familias e o rexeitamento da comunidade educativa. Uns 22.000 alumnos están convocados a unha polémica proba. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
Podemos Catalunya ábrese a unha candidatura de confluencia para as vindeiras autonómicas ao xeito de Barcelona en Comú pero mantén a idea de empregar as súas propias siglas.
O PPdeG rexistra o maior descenso de votos nos partidos xudiciais de Vigo e da Coruña. Na área viguesa cae nun 45% o número de apoios, mentres que na coruñesa descende un 25%.
De Lara cita como testemuñas unha concelleira e cinco funcionarios por un contrato de Vendex na Coruña. Investígase o posible amaño do concurso de limpeza do Ágora en 2012.
Feijóo cre que o PP "precisa autocrítica que non pode quedar en palabras". O presidente da Xunta reclama "feitos e decisións" tras os malos resultados da súa formación o pasado domingo.
Rafael Louzán abandona a Deputación de Pontevedra. Anunciou a súa renuncia a continuar como candidato e advirte dun traspaso de poderes "sen problemas".
O líder de Democracia Ourensana asegura que, se non é alcalde, a súa intención é "saltar á Xunta". Afírmao nunha entrevista en La Región, xornal no que Jesús Vázquez manifesta que a alcaldía é "innegociable" para o PP.
Morre un traballador tras un accidente laboral na central térmica das Pontes. Outras dúas persoas resultaron feridas tras ser golpeadas pola peza dunha máquina.
Isaac Rosa analiza en eldiario.es o éxito das candidaturas cidadás e destaca as da Coruña e Compostela. Considera que estas listas marcan o camiño a seguir nos futuros comicios xerais.
O PSOE non descarta prescindir de Orozco para asegurar o goberno de Lugo. BNG e Lugonovo xa avisaron de que non pactarán con imputados e a executiva galega podería abordar hoxe o tema.