14 mil persoas pasaron este venres por Empregalia, a feira de procura de emprego que se celebrou en Vigo, e na que as empresas recolleron máis de cinco mil solicitudes. A CIG cualifica de "fraude" e de "propaganda" a feira, que ofrece 72 postos fronte ás 263 mil persoas desempregadas galegas
Fálase
Eduardo Madina pide un "'shock' de modernidade para España" na presentación da súa candidatura á Secretaría Xeral do PSOE. Parte como favorito ante Pedro Sánchez, aínda que polo de agora non ten asegurado o apoio do PSE.
Ao redor de 50.000 persoas votarán en dous días a través dos círculos de Podemos para elixir o equipo que pilotará a asemblea fundacional da formación, que se celebrará en outono
Adrián Varela, ex concelleiro de Deportes en Compostela, nega agora que solicitara o despedimento da muller dun sindicalista, como revelou o sumario da Pokémon.
O Wall Street Journal publica un especial sobre "a Copa do Mundo de todo o demais", cos resultados do mundial de fútbol de Brasil en función dun gran número de variables e estatísticas de cada país. En desemprego, por exemplo España chegaría a semifinais.
A Audiencia Nacional anula o ERE de Coca-Cola. A sentenza dálles a razón aos sindicatos e obriga a suspender o despedimento colectivo de 1.190 traballadores e traballadoras
A débeda galega supera os 10.000 millóns de euros (o que representa o 18,2% do PIB galego) tras subir case un 10% no primeiro trimestre do ano
AGE preparou unha moción para que as organizacións que compoñen a coalición e o resto de formacións políticas a leven aos concellos para solicitarlle ao Goberno galego o cumprimento do acordo parlamentario para a apertura dos comedores escolares durante o verán
Judith Butler, Noam Chomsky, Mike Davis, Eduardo Galeano, Michael Hardt, Naomi Klein, Antonio Negri, Jacques Rancière ou Slavoj Žižek asinan unha declaración internacional de apoio a Podemos.
O PP propón no Congreso un modelo de xestión público-privada para rúas comerciais, semellante aos business improvement districts estadounidenses, nos que os comerciantes pagan impostos adicionais a cambio de recibir servizos públicos extras. Os grupos de esquerda denuncian que esta medida podería supor a segregación de rúas e barrios con diferentes niveis de servizos públicos.