O triatleta galego Javier Gómez Noya vén de proclamarse campión de Europa de media distancia. (foto: @ChallengeBarcelona)
Fálase
O Obradoiro imponse por 79-73 ao Uxue Bilbao e consegue unha histórica clasificación para os play off da Liga ACB. Ao rematar a temporada regular en oitavo posto, o rival do equipo compostelán na eliminatoria será o Real Madrid.
O grupo de teatro Airiños recibiu esta mañá en Padrón o Pedrón de Ouro 2013.
Galiza Nova da Coruña anuncia o reparto de bandeiras galegas antes do partido que o Deportivo xoga esta tarde en Riazor.
Yolanda Díaz asina, xunto a outros dous dirixentes de IU, un artigo a prol dunha "fronte popular" para as vindeiras eleccións europeas. En La Marea
El País publica unha enquisa segundo a cal, se agora se celebrasen unhas eleccións xerais, o PP perdería 47 deputados e o PSOE, 20, con fortes ascensos de IU e UPyD. Segundo este inquérito, o BNG pasaría de 2 a 5 escanos no Congreso.
Wert constata que o Goberno central está "cumprindo cos compromisos adoptados coa Santa Sede" en materia educativa. Recólleo 20 minutos.
Os clubes de fútbol da Liga débenlle 690 millóns a Facenda e 7 á Seguridade Social, segundo unha información de Infolibre
O secretario xeral do Partido Socialista de Portugal, António José Seguro, augura unha "crise de réxime" no país veciño por mor das políticas que o están a facer "cada vez máis pobre". Recólleo o diario Público.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, censura que AGE "busque publicidade" na querela coa que ameaza Feijóo. En Faro de Vigo.