Falece aos 73 anos o debuxante Moebius, unha das referencias do cómic europeo. En El País.

Falece aos 73 anos o debuxante Moebius, unha das referencias do cómic europeo. En El País.
O voceiro do BNG no Congreso e candidato á Xunta, Francisco Jorquera, participa na manifestación coruñesa do polo Día da Clase Obreira Galega para rexeitar "o maior ataque aos traballadores da historia da democracia" que, ao seu xuízo, é a reforma laboral. Xunto a el participou na protesta Carlos Aymerich.
#12C_PSdeG Xosé López Orozco achégalle ton solemne á indicación de que as intervencións dos delegados sexan breves. "Se a idea xeral está exposta, para que todo o mundo teña algo máis de tempo pediría que se decline da palabra", pero "o dereito de intervir é inalienable", di.
#12C_PSdeG Vázquez sinala ante os delegados que "o PSdeG ten que ser o corazón da gran irmandade da esquerda galeguista" ante o PP
#12C_PSdeG Vázquez introduce no informe de xestión o que podería ser un adianto do seu discurso da tarde. Chama aos seus a facer "un partido en clave de país, coa máxima autonomía, onde as decisións se tomen en Galicia e pensando no que pase en Galicia".
Primeira grande ovación do #12C_PSdeG, a reivindicación do principio "unha persoa, un cargo" por parte de Pachi Vázquez.
@pachivazquez comeza o informe de xestión no #12C_PSdeG dando "grazas por tres anos de confianza" e sinalando que, hai tres anos non "marchou para a casa" en tempos de dificultades. Chama a non "seguir a estratexia da dereita", á que "só lle queda dicir que estamos mal.
En pouco máis dunha hora sairá desde a Praza Roxa de Santiago a manifestación da CIG contra a reforma laboral. A marcha, que comezará ás 12:30 horas, será un acto de protesta contra a lei recentemente convalidada no Congreso e que elimina, como cre a central nacionalista, un dereito consolidado hai décadas, como era o da negociación colectiva.
A Radio Galega adianta que o Celta-Dépor, #onosoderbi do 15 de abril, se xogará ás 12 da mañá a non ser que Antiviolencia diga o contrario.
A CIG reclama a memoria económica do acto de entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato no que, "segundo as queixas trasladadas por varios empregados públicos, ao final do acto e dentro das propias dependencias administrativas, se serviu un catering de celebración". O sindicato pregúntase se esta práctica se corresponde coa "austeridade" na Xunta.