O Goberno venezolano amosa as primeiras imaxes de Hugo Chávez en dous meses
O Goberno venezolano amosa as primeiras imaxes de Hugo Chávez en dous meses
A xuiza Pilar de Lara envia a prisión o delegado de Aquagest en Santiago, José Luis M.R., que se negou a declarar. Está imputado por tráfico de influencias, malversación e suborno. Pola súa banda, o alcalde Ángel Currás rexeita dimitir por "responsabilidade coa cidadanía"
O Goberno aproba a reforma da administración local, que permite baleirar de competencias os concellos que non cumpran estritamente os obxectivos de déficit. As Deputacións poderán asumir os servizos dos concellos pequenos. Cristóbal Montoro salienta ademais que "o 82% dos concelleiros realizarán a súa actividade sen cobrar", entre outras cousas porque se limitan moito as dedicacións exclusivas e porque os edis dos concellos de menos de mil habitantes non terán remuneración.
Os investigadores sospeitan que Bárcenas agacha os documentos orixinais seguindo un plan preconcibido. Ven "moi tranquilo" o ex tesoureiro do PP e sospeitan que garda probas que poden empeorar a credibilidade do Goberno.
A intervención no Parlamento do primeiro ministro portugués Passos Coelho foi interrompida pola Grândola Vila Morena, cantada polo público que asistia á sesión.
A Xunta volverá conxelar as taxas universitarias. "É un compromiso dos reitores e da Administración galega", asegurou o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, no Forum Europa celebrado en Compostela. Máis información, esta mañá en Praza.
O IPC baixa un 1,5% en xaneiro en Galicia e a taxa interanual sitúase no 2,5%, segundo os últimos datos do INE.
Ás dez da mañá comezan a declarar en Lugo os cinco detidos onte no marco da Operación Manga. O primeiro en ser interrogado é o empresario Jesús Fuentes
O Goberno destina 3.500 millóns a un plan de emprego xuvenil. Executivo, sindicatos e patronal pechan un acordo no que se inclúen 100 medidas, 15 delas de choque.
Materia analiza a fuga de cerebros, que esta semana o PP cualificou no Congreso de "topicazo". Os datos amosan aínda un pequeno pero crecente número de investigadores españois no estranxeiro e, en xeral, unha moi escasa mobilidade, pola incapacidade de España de atraer científicos.