Patxi López presenta a súa candidatura ás primarias do PSOE para "reconstruír" o partido. Cóntao eldiario.es
Fálase
Este domingo comeza na parroquia viguesa do Cristo da Vitoria o peche en solidariedade con Diego Lores, acusado de "atentado" pola Policía Local que será xulgado o vindeiro martes nun proceso no que a Fiscalía non ve delito. Lores explica nesta entrevista con Praza.gal as mobilizacións veciñais contra a colocación dun barco na rotonda de Coia e como está a vivir o proceso xudicial.
Os autores de 'Ciutat morta' presentan un novo documental sobre a "impunidade" das autoridades españolas na fronteira de Ceuta. Emíteo TV3. Catalunya Plural debulla os seus contidos e a televisión catalá ofréceo na súa web
A Marea Atlántica gañaría un edil e 5 puntos, catro por riba do PP, nunhas novas municipais na Coruña. O BNG sumaría outro edil e 2,2 puntos, mentres que o PSdeG perdería 2 concelleiros e o PP ficaría con 10, segundo unha enquisa de Sondaxe que publica La Voz de Galicia este domingo
A ONU constata falecementos por frío de persoas refuxiadas e migrantes en Europa e insta os Estados a "facer máis pola asistencia e protección destas persoas". (Imaxe ©ACNUR/UNHCR/Igor Pavicevic). O pasado verán un equipo de Praza.gal informou dende Grecia sobre a situación das persoas refuxiadas que buscan acubillo e países da UE.
Juan Carlos Piñeiro será o novo secretario xeral de Compromiso por Galicia tras o congreso nacional que o partido celebrará o vindeiro día 21. Piñeiro é o único candidato ao liderado nun proceso ao que concorren 43 candidaturas ao Consello Político. A formación proponse un "reinicio" coa vista posta nas eleccións municipais de 2019.
Milleiros de persoas reclaman nunha manifestación en Bilbao a fin da dispersión dos presos condenados por pertenza a ETA. Información en El Diario Norte e a ETB
Patxi López confirmará este domingo a súa candidatura ás primarias do PSOE que, segundo o calendario aprobado este sábado, se celebrarán en maio. López foi presidente do Congreso dos Deputados na lexislatura frustrada e lehendakari entre 2009 e 2012
A negociación do Concello da Coruña con Puertos del Estado deixa en suspenso a privatización dos terreos de La Solana, que a Autoridade Portuaria coruñesa quería culminar xa malia á postura en contra de toda a corporación municipal. Cóntao La Opinión
Xulgan un médico de Vigo pola amputar a perna dunha ximnasta tras non lle facer, segundo a Fiscalía, as probas necesarias. O doutor di ser vítima dunha "calumnia". Cóntao La Voz