O Sergas prevé xubilar máis de 3.000 médicos, enfermeiros e administrativos até 2017, un de cada dez dos actuais traballadores e traballadoras. No último ano o Goberno impuxo a prohibición de que se cubrisen máis do 10% das baixas.
Fálase
O 75% dos militantes do SPD apoia gobernar con Merkel, segundo os resultados dunha sondaxe postal levada a cabo polos socialdemócratas.
Os praceiros de Pontedeume abandonaron o seu peche, despois de 42 días de mobilización. O xuíz desestimou as súas alegacións á apertura do mercado.
Alexis Tsipras (Syriza) afirma en Madrid, no Congreso do Partido da Esquerda Europea que o escollerá como candidato común para as eleccións de 2014, que "este é o noso momento, é a derradeira oportunidade para cambiar Europa"
EU admite a incorporación de Carmen Iglesias ao grupo parlamentario de AGE, se a coalición o acepta
Un proxecto rescata a memoria de científicos represaliados polo franquismo. Generaciones de plata destaca a represión exercida contra os médicos
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, estuda propoñer que o seu concello abandone Sogama, como xa anunciou o rexedor de Rianxo. 130 cargos municipais de toda Galicia están convocados a un encontro o vindeiro sábado 21 en Santiago para analizar a cuestión.
El Diario analiza o fracaso do proxecto de Eurovegas en "cinco momentos" e nun conxunto de citas dos responsables políticos do Partido Popular.
O 44% dos cataláns votaría a favor da independencia, e o 36% en contra, segundo unha sondaxe que hoxe publica El Periódico.Preguntados sobre se Catalunya debería ser un Estado, o 52,3% votaría a favor.
O 61% do tráfico web mundial non é humano, segundo un estudo de Incapsula. Xa en 2012 o tráfico realizado por bots (51%) era superior ao efectuado por seres humanos