Unha masiva marcha ciclista no Morrazo lembrou a Cristóbal Hermida Freire, presidente do Club de Ciclismo de Bueu que faleceu atropelado por un camión o pasado 3 de xaneiro na autovía de Marín, e reclamou que os condutores respecten a distancia legal do metro e medio á hora de adiantar os ciclistas. Na marcha participaron Óscar Pereiro, Marcos Serrano, Ezequiel Mosquera ou Álvaro Pino.