Convocan a afección deportivista a lucir a bandeira galega o vindeiro domingo en Riazor, logo de que varias coa estrela vermella fosen requisadas en Valladolid.
Fálase
Os alcaldes do Morrazo maniféstanse o xoves en apoio aos afectados polas preferentes. Os cinco rexedores da comarca apoian os estafados e esixen solucións ante os 60 millóns atrapados nesa comarca.
A Universidade de Cambridge tentou ocultar o boicot de Stephen Hawking a Israel e asegurou que a súa decisión estaba motivada unicamente por “razóns médicas”. Horas despois, víronse obrigados a pedir desculpas
El Diario entrevista o asesor político Ben Scott, que afirma que "a crítica ao activismo online trabúcase na escala" e que "podo entender que esteas frustrado se tes 10 millóns de persoas na túa páxina de Facebook e só 10.000 saen á rúa, pero iso no significa que os 10 millóns no vallan a pena"
Avoaescola recolle apoios en internet para a creación de espazos educativos en galego. A cooperativa solicita axuda económica para levar a cabo o proxecto.
Pescanova ocultou perdas durante anos. A CNMV sospeita que apuntaba beneficios malia que estaba en números vermellos.
"A cidadanía está farta da agresión do poder". Sinpermiso entrevista a Xosé Manuel Beiras, que aposta por trasladar a fórmula de AGE a todo o Estado: "aí entran, por unha parte, IU a nivel do Estado e mesmo ICV, pero tamén aas CUP e Bildu ... porque nun proceso rupturista as dúas cuestións básicas van ser a cuestión de clase e a solución das cuestións nacionais"
Alemaña quere que España e Grecia vaian máis alá nas reformas do mercado laboral, segundo un informe que esta fin de semana publicou Der Spiegel.
O Goberno estuda subir varios impostos para combater o déficit. Facenda planea incrementar a fiscalidade sobre o alcohol e o tabaco e prevé suprimir deducións en sociedades e crear un tributo verde
Unha sondaxe que esta mañá difunde a Cadena Ser reitera o descenso en intención de voto para PP (28,7%) e PSOE (24,4%) que tamén amosan outras enquisas. UPyD tería o 14,9% dos votos e IU o 13,3%. O 83% dos votantes socialistas cre que o PSOE debería elixir "canto antes" un novo líder. Chacón e Madina son os favoritos.