Denuncian que representantes do PP distribúen viño e empanada ás portas do colexio electoral de Santa María de Teo.
Fálase
Feijóo: "Sabemos o que nos xogamos e non nos xogamos como lle vaia ao Goberno central, xogámoslle como lle irá a Galicia". O presidente da Xunta foi o último dos principais candidatos en depositar o voto, tras responder en castelán a unha pregunta dun xornalista en inglés. "Querida amiga, estamos intentando mellorar o noso inglés", dixo.
A participación cae máis de tres puntos con respecto a 2009. Ás 12 votara en Galicia o 12,72% do censo, fronte ao 16,10% de 2009. Votou menos xente en todas as provincias e comarcas do país.
AGE denunciará a "carretaxe" de anciáns en Lugo. Representantes do PP levan persoas en cadeiras de rodas a votar, segundo Alternativa, que cre que proceden dun asilo achegado ao colexio electoral.
Yolanda Díaz vota en Ferrol e pide "á xente nova" que acuda ás urnas. A candidata de AGE lembra que "se o pobo non vota, outros dicidirán por eles".
O candidato socialista Pachi Vázquez vota no Carballliño e cre que "non haberá fallo" porque "os galegos sempre acertan".
Francisco Jorquera vota na Coruña. O candidato á Xunta do BNG asegura que Galicia "inicia un cambio de rumbo" e expresa o seu desexo "dunha participación masiva".
Un grupo de persoas intenta impedir que vote o lehendakari en Euskadi. O grupo, que portaba carteis en favor dos presos, protestaron polo feito de que os escoltas de Patxi López levasen pistola.
Constituídas "con total normalidade" as 4.028 mesas electorais en Galicia. "Sen máis incidencias que as habituais neste tipo de convocatorias", asegura Valeriano Martínez, secretario xeral da Presidencia.
Xoán Báscuas, primeiro cabeza de lista en votar. O número un de Compromiso por Galicia exerceu o seu dereito en Compostela ás dez da mañá porque espera "a axuda para quen madruga".