Un grupo de persoas intenta impedir que vote o lehendakari en Euskadi. O grupo, que portaba carteis en favor dos presos, protestaron polo feito de que os escoltas de Patxi López levasen pistola.
Fálase
Constituídas "con total normalidade" as 4.028 mesas electorais en Galicia. "Sen máis incidencias que as habituais neste tipo de convocatorias", asegura Valeriano Martínez, secretario xeral da Presidencia.
Xoán Báscuas, primeiro cabeza de lista en votar. O número un de Compromiso por Galicia exerceu o seu dereito en Compostela ás dez da mañá porque espera "a axuda para quen madruga".
Gómez Noya gaña as series de Auckland en Nova Celandia e proclámase subcampión do mundo de triatlón. Impúxose no último tramo a Jonathan Brownlee, que acabou o ano como líder.
O Deportivo perde 4-5 ante o Barcelona nun espectacular partido en Riazor no que os galegos caían 0-3 ao cuarto de hora.
O Celta cae no Bernabéu (2-0) ante o Real Madrid, que anotou por medio de Higuaín e Cristiano Ronaldo.
Milleiros de británicos saen á rúa contra os recortes e as políticas de austeridade. "O país está listo para a folga xeral", asegura Bob Crow, líder do sindicato ferroviario RMT.
Detidos un militante de IU e outras tres persoas por un presunto asalto ao colexio Salesianos en Mérida. A Fiscalía decidira o venres abrir "dilixencias penais".
Israel aborda con éxito o Estelle, que xa se dirixe a porto. Así o confirma o Goberno hebreo, que destaca que o buque foi interceptado antes de chegar a Gaza.
A Mariña israelí rodea o Estelle no seu rumbo a Gaza. Os propios tripulantes advertiron por teléfono de que o buque estaba sendo rodeado, polo que a abordaxe podería producirse axiña.