Milleiros de británicos saen á rúa contra os recortes e as políticas de austeridade. "O país está listo para a folga xeral", asegura Bob Crow, líder do sindicato ferroviario RMT.

Milleiros de británicos saen á rúa contra os recortes e as políticas de austeridade. "O país está listo para a folga xeral", asegura Bob Crow, líder do sindicato ferroviario RMT.
Detidos un militante de IU e outras tres persoas por un presunto asalto ao colexio Salesianos en Mérida. A Fiscalía decidira o venres abrir "dilixencias penais".
Israel aborda con éxito o Estelle, que xa se dirixe a porto. Así o confirma o Goberno hebreo, que destaca que o buque foi interceptado antes de chegar a Gaza.
A Mariña israelí rodea o Estelle no seu rumbo a Gaza. Os propios tripulantes advertiron por teléfono de que o buque estaba sendo rodeado, polo que a abordaxe podería producirse axiña.
Syriza sería o partido máis votado nunhas eleccións gregas co 30,5% dos apoios. Os neonazis de Amencer Dourado serían a terceira forza, alcanzando o 15%, mentres que os conservadores de Nova Democracia chegarían ao 27%, segundo unha enquisa.
O veleiro Estelle atópase a 130 millas da costa de Gaza. Israel ameaza con abordar o barco en augas internacionais e levar os pasaxeiros detidos a Ashdod. O asalto poderia producirse nas próximas horas.
Os diarios brasileiros abandonan Google News en masa despois de que a empresa se negase a compensalos economicamente por utilizar os sus contidos para o seu servizo de novas e lucrarse con eles. Por outra banda Google ameaza con retirar os medios de comunicación franceses dos seus resultados de búsqueda. A razón é que o país galo está elaborando unha lei que obrigaría os buscadores a pagar por aproveitarse dos contidos dos medios.
Kim Dotcom concede unha entrevista a Wired na que explica máis detalles do seu novo proxecto: Mega, que toma o relevo de Megaupload.
Un proxecto galego chega á final do Premio RedEmprendia da Idea á Acción. Trátase de UseFeeling, unha aplicación gratuíta para smartphones que permite acceder a todas as ofertas da cidade desde o móbil.
A extensión coruñesa de Sinsal, que se celebrará en Normal en novembro, anuncia o seu cartel, encabezado por Michel Cloup, The Ex e Mano de Obra.