O veleiro Estelle atópase a 130 millas da costa de Gaza. Israel ameaza con abordar o barco en augas internacionais e levar os pasaxeiros detidos a Ashdod. O asalto poderia producirse nas próximas horas.

O veleiro Estelle atópase a 130 millas da costa de Gaza. Israel ameaza con abordar o barco en augas internacionais e levar os pasaxeiros detidos a Ashdod. O asalto poderia producirse nas próximas horas.
Os diarios brasileiros abandonan Google News en masa despois de que a empresa se negase a compensalos economicamente por utilizar os sus contidos para o seu servizo de novas e lucrarse con eles. Por outra banda Google ameaza con retirar os medios de comunicación franceses dos seus resultados de búsqueda. A razón é que o país galo está elaborando unha lei que obrigaría os buscadores a pagar por aproveitarse dos contidos dos medios.
Kim Dotcom concede unha entrevista a Wired na que explica máis detalles do seu novo proxecto: Mega, que toma o relevo de Megaupload.
Un proxecto galego chega á final do Premio RedEmprendia da Idea á Acción. Trátase de UseFeeling, unha aplicación gratuíta para smartphones que permite acceder a todas as ofertas da cidade desde o móbil.
A extensión coruñesa de Sinsal, que se celebrará en Normal en novembro, anuncia o seu cartel, encabezado por Michel Cloup, The Ex e Mano de Obra.
A Generalitat valenciana despide 3.000 traballadores públicos. Suprime 46 empresas públicas e reduce o persoal nun 40%, co que espera aforrar 300 millóns de euros.
Asturias pide 261,7 millóns ao Fondo de Liquidez Autonómico. É a sétima autonomía que acode a este rescate tras Cataluña, Comunidade Valenciana, Murcia, Andalucía, Castela A Mancha e Canarias.
Pego asegura que o Banco de España coñecía o importe das prexubilacións das caixas. O ex director de Novacaixagalicia debería comparecer nos xulgados cada quince días.
Afectados polas preferentes denunciarán na Comisión Europea a "estafa" cometida polas caixas galegas. Acudirán á Comisión de Peticións da UE apoiados polo europarlamentario de IU Willy Meyer. Acábao de anunciar a plataforma de afectados da Coruña. Máis información, nuns minutos en Praza.
#eleccións21O Dioivo ofrece unha peculiar entrevista con Alberto Núñez Feijóo para amosar o cuestionario que lle formularían ao candidato á reelección se aceptase ser entrevistado.