#eleccións21O Dioivo ofrece unha peculiar entrevista con Alberto Núñez Feijóo para amosar o cuestionario que lle formularían ao candidato á reelección se aceptase ser entrevistado.

#eleccións21O Dioivo ofrece unha peculiar entrevista con Alberto Núñez Feijóo para amosar o cuestionario que lle formularían ao candidato á reelección se aceptase ser entrevistado.
O secretario de organización do PSdeG alerta de que "a Policía irrompe en tres empresas que distribuíron un folleto sobre as mentiras do PP"
#eleccións21O A BBC analiza as eleccións galegas do vindeiro domingo. Preséntanas como a segunda gran proba electoral aos recortes de Rajoy e abordan o efecto das medidas de recorte social no país. Podedes ver aquí a reportaxe.
As asociacións de xuices discrepan sobre a legalidade do proxecto do Goberno para prohibir que os xornalistas graven e difundan imaxes de policías en manifestacións
Eulen nega "favoritismo" nos contratos que firmou coa Xunta. A empresa asegura que tivo un maior volume de contratos públicos cos anteriores gobernos que co actual do PP
Rajoy afirma que, polo de agora, non hai "nada de nada" dun posible rescate. Merkel impón o seu criterio na supervisión bancaria que avanza pero deixa aberto o seu calendario
CC.OO. e UGT debaterán este venres e con toda seguridade aprobarán a convocatoria de folga xeral para o 14 de novembro
Beiras responde a Esperanza Aguirre no mitin de Vigo: "din os do PP que teño que ir a un xeriátrico, estou disposto a ir, para que se rebelen tamén os maiores". Centos de persoas quedaron fóra dun Teatro García Barbón totalmente ateigado.
Hollande, Merkel e Monti negocian o rescate de España, sen que Rajoy estea presente. O presidente francés pide que se explique ao Goberno español "as condicións precisas" que se lle esixirán.
Medio cento de funcionarios protestan cunha 'chourizada' en Monte Pío contra os recortes aos traballadores públicos. Os convocantes CIG e CCOO advertiron que non se poden "avalar" nas urnas as políticas do PP.