A débeda pública española crecerá un 47,4% nos vindeiros cinco anos, unha porcentaxe que só superará Eslovenia, cun 65,2% e Luxemburgo cun 108,1%, segundo o estudo elaborado por EAE Business School.
Fálase
#onosoderbi Centos de afeccionados do Celta esperan xa en Balaídos a chegada do autobús do equipo. Imaxe de @PaulitaMontes7
#onosoderbi Amplo dispositivo policial en Vigo ante o partido de rivalidade. Varias furgonetas da Policía reteñen na estación de tren aos afeccionados deportivistas desprazados desde A Coruña. Imaxe de @P_Riveiro
Hockey sobre patíns. O Liceo vence 3-4 ao Valdagno e segue adiante na Liga Europea.
O Obradoiro cae ante o Banca Cívica (79-59) nun mal partido dos santiagueses.
AlterNet, un dos máis influintes lobbies cidadáns da esquerda americana, no que se analiza a falencia do sistema neoliberal e se propoñen medidas para o control estatal e cidadán sobre a economía, reúne aquí os seus artigos.
A bandeira republicana ondea no Concello de Donosti, gobernado por Bildu, tal e como informa Público. Imaxe de @Mrpintxo
#onosoderbi O Valladolid vence 3-0 ao Huesca e mete presión a Deportivo e Celta, que mañá disputan o derbi en Balaídos.
Cospedal confirma que o PP estuda medidas contra Conde Roa. A secretaria xeral dos populares asegura que o partido actuará contra o alcalde de Santiago, acusado de presunto delito de fraude fiscal. Se o xuíz ratifica a súa imputación, abriráselle un expediente informativo.
#onosoderbi Varios centos de afeccionados despiden o Deportivo antes de que parta cara a Pontevedra, onde pernoctará antes de desprazarse a Vigo para xogar o derbi de mañá. Imaxe de @xacobegz